1. Administración do contido
Section outline
-
Drupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.
Entre algunha das súas características principais están as seguintes:- Conta cunha ampla comunidade de usuarios que o empregan e o manteñen.
- Está baseado en software libre.
- Presenta un entorno modular.
- É multiusuario, é dicir, permite acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
- Ofrece múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
- Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
- O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.
Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.
Neste bloque trataremos os diferentes tipos de contidos e a súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos.