Moodle: Material complementario (usuarios) Recursos e Actividades
Aínda que este material pertence ao curso Moodle para usuarios editores e non para administradores o incluimos aqui como material de consulta complementario.
Moodle proporciona dous tipos de elementos para ofrecer información ao estudante e interactuar con ela: Recursos e Actividades.
En principio, os recursos serían os elementos que permitirían aos alumnos acceder aos contidos. Por outro lado, as actividades serían as ferramentas de traballo que poderíamos empregar cos mesmos. Debido ao carácter aberto da maioría dos elementos de Moodle as veces e dificil distinguir entre ambas categorías.
Exemplos de recursos que se poden empregar para ofrecer a información: etiquetas, páxinas de texto, páxinas web, ligazóns a un arquivo cargado no servidor etc.
Exemplos de actividades que se poden empregar para interactuar cos recursos: Glosarios, Cuestionarios, Enquisas...
Tanto os recursos como as actividades non son propiamente tarefas de administración polo que faremos unha descrición abreviada.Teña sempre presente que pode consultar mais extensamente cada un destes contidos no curso Moodle de usuarios dispoñible na aula virtual aberta de websdinámicas: http://centros.edu.xunta.gal/websdinamicas/aulavirtual