En Moodle os usuarios administradores xestionan o modo en que un usuario se rexistra e accede ós diferentes cursos. Pódese optar por diferentes métodos, dende o máis desatendido pero que necesita dunha maior reflexión e configuración, ata o modelo atendido onde o administrador debe crear as contas de usuario co cal en todo momento existe un control dos usuarios que teñen acceso á plataforma.
Neste módulo veremos todo o relativo á xestións dos usuarios por parte dos administradores.