Tarefas na aula virtual con resposta en Agueiro
Logo

    

Crear unha tarefa na aula virtual para resolvela en Agueiro

Como profesor da aula virtual podes engadir unha nova actividade de tipo "Tarefa" dentro dun curso, indicando que o "Tipo de entrega" para esa tarefa será "Portafolio Agueiro".

 

Entrega de tarefas en Agueiro    

Para resolver esta tarefa (imaxe anterior) o alumnado deberá elaborar unha ou varias páxinas den Agueiro que finalmente deberá engadir no curso da aula virtual como solución á tarefa.

Se o profesor selecciona a opción "Bloquear as páxinas xa enviadas = Si", a páxina de Agueiro creada polo alumno quedará bloqueada (non se poderá modificar) ata que o profesor corrixa a tarefa na aula virtual.

   

Engadir entrega   

   

No caso de que o alumno aínda non crease ningunha páxina en Agueiro, cando pulsa o botón "Engadir entrega" a Aula Virtual mostrará a seguinte mensaxe, incluíndo un enlace autenticado para que o alumno poida iniciar sesión automáticamente en Agueiro e crear a páxina que necesita para resolver esta tarefa.

        

Engadir entrega

   

   


Last modified: Monday, 4 November 2019, 6:55 PM