Sincronización dos datos do perfil
Logo

    

Editar perfil

Configurar os datos do perfil na aula virtual

O perfil dun usuario da Aula Virtual pode verse ao facer clic sobre o nome dese usuario e a información que se mostra nesa páxina do perfil é configurable polo propio usuario.

Todos os usuarios da Aula Virtual dispoñen de dous menús que lles permiten xestionar os datos persoais que se mostran no seu perfil de usuario:

  • O meu perfil
    Mostra a pantalla do perfil do usuario onde se ven os datos que serán mostrados aos demáis usuarios da Aula Virtual

  • Editar o perfil
    Pantalla que permite introducir/modificar/eliminar os datos persoais que o usuario desexa que sexan mostrados na súa pantalla do perfil.

Algúns dos campos que conteñen os datos persoais do usuario son compatibles con Agueiro polo que estes datos, en caso de existir, serán sincronizados de forma automática cada vez que o usuario fai clic no enlace "Servidores de rede" para acceder a Agueiro desde a Aula Virtual.

Con cada nova pulsación do usuario sobre o enlace "Servidores de rede" da aula virtual, sincronízanse os datos modificados desde a última sincronización nalgún deses 6 campos do perfil.

Esta sincronización só funciona nun único sentido, desde a Aula Virtual hacia Agueiro, de maneira que se algún dos campos foi modificado en Agueiro, esa modificación permanecerá ata que o usuario realice unha modificación nese mesmo campo da Aula Virtual e sincronice de novo.

Os 6 campos do perfil do usuario da Aula Virtual que serán sincronizados co perfil do mesmo usuario na plataforma Agueiro son os seguintes:

Nome de usuario
 Campo do perfil
Nome
 Campo do perfil
Apelido
  Campo do perfil
Cidade/Vila
 Campo do perfil
Descrición
 Campo do perfil
Imaxe do usuario
 Campo do perfil

  

    

Sincronización do perfil con Agueiro

    

Perfil Agueiro

Cando se realiza a sincronización dos datos do usuario da aula virtual con Agueiro, os datos persoais transferidos pasan a formar parte dos campos do perfil dese mesmo usuario en Agueiro.

Menú de Agueiro:

  • Contidos -> Perfil
  • Contidos -> Imaxes do perfil

O usuario poderá modificar posteriormente en Agueiro esta información (excepto o "nome" e "apelido" que son campos bloqueados en Agueiro) pero a sincronización non funcinona en sentido inverso. É dicir, calquera modificación que se realice en Agueiro nestes campos non será sincronizada hacia a aula virtual, de maneira que os cambios permanecerán en Agueiro ata que o usuario realice cambios nos seus datos da aula virtual e éstes volvan ser sincronizados.

 

   

   

   

   

   

   


Zuletzt geändert: Montag, 4. November 2019, 11:43