UDI: Nin máis nin menos...
Presentación
Baseada na campaña chamada "Partir de cero".
Áreas traballadas:
Valores democráticos europeos, xeografía e historia, lingua castelá e literatura, música.
Curso:
2º de educación secundaria obrigatoria.
Descrición e xustificación
A grande discriminación que sofre a comunidade xitana fainos reflexionar sobre a igualdade de oportunidades, si todos e todas temos as mesmas oportunidades nas diferentes facetas da nosa vida como estudar, buscar un traballo, alugar un piso, mercar etc. É por este motivo, ao igual que a protagonista do libro Samara, que moitas xitanas e xitanos teñen un camiño cheo de prexuízos, desconfianzas, rexeitamentos… que provocan que empezar con igualdade de oportunidades sexa case unha utopía.
A escola debe ser un espazo de participación cívica, un lugar privilexiado onde traballar valores democráticos, onde se fomenta o espírito de pensamento crítico que promociona o diálogo intercultural.