Valores democráticos europeos
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B1.1 Os valores da Unión: respecto á dignidade humana, liberdade, democracia, igualdade, Estado de dereito e respecto polos dereitos humanos. Dereitos das minorías. B1.2 As sociedades plurais, non discriminatorias, tolerantes, xustas e solidarias. B1.4 O valor da diversidade social e cultural. B2.9 A pluralidade de esquemas de valores morais e a súa importancia na xestión de modelos sociais inclusivos, abertos e flexibles. B3.3. A loita contra os estereotipos culturais, relixiosos ou de xénero e o abandono dos modelos homoxenizadores e redutores da diversidade. |
B1.1 Comprende a importancia dos valores dos estados democráticos na construción de sociedades inclusivas. B1.2 Valora con perspectiva de xénero a diversidade e a igualdade en todas as súas manifestacións como elemento clave e enriquecedor das sociedades inclusivas. B2.5.Reflexiona sobre o seu papel na construción e mellora da sociedade, así como na resolución de conflitos interculturais. B3.2. Explica a importancia da loita contra os discursos totalitarios e alienantes. |
VDE1.1.1. Define os conceptos básicos dos estados democráticos e pon exemplos tirados da vida cotiá. VDE1.1.3. Identifica contextos sociopolíticos e culturais respetuosos co pluralismo e a diversidade a través de textos de actualidade. VDE1.1.4. Valora a riqueza natural das sociedades modernas. VDE 1.2.3.Coñece e identifica distintas representacións culturais asociadas a comportamentos da vida cotiá como celebracións, alimentación, ritos sociais… VDE 1.2.4 Aprecia e defende mediante exposicións orais a riqueza das manifestacións culturais na pluralidade da sociedade. VDE2.5.1.Explica o concepto de responsabilidade como elemento que constrúe a toma de decisións. VDE2.5.2. É quen de evidenciar os sistemas de valores que subxacen en posturas enfrontas nun conflito. VDE2.5.3. Debate sobre as solucións posibles que se poidan dar nun conflito. VDE3.3.1 Identifica recursos e estratexias para o coñecemento do outro e para a súa inclusión social a través de exemplos extraídos da vida cotiá. |
CCL CSC CSIEE CCEC |
Xeografía e historia
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B2.1 Poboación mundial: modelos demográficos e movementos migratorios. B3.1. Relación entre o pasado, o presente e o futuro a través da historia. B3.2. Fontes históricas. |
B2.1. Comentar a información en mapas do mundo sobre a densidade de poboación e as migracións. B3.1. Recoñecer que o pasado non está "morto e enterrado", senón que determina o presente e os posibles futuros e espazos, ou inflúe neles. B3.2. Identificar, nomear e clasificar fontes históricas, e explicar diferenzas entre interpretacións de fontes diversas. |
XHB2.1.2. Explica o impacto das ondas migratorias nos países de orixe e nos de acollemento. XHB3.1.1. Identifica elementos materiais, culturais ou ideolóxicos que son herdanza do pasado. XHB3.2.2. Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, xa sexan estas restos materiais ou textuais. |
CCL CSC CSIEE CCEC |
Lingua castelá e literatura
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B1.2. Comprensión, interpretación e valoración de textos orais en relación coa súa finalidade: textos narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e textos argumentativos. Diálogo. B1.5. Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso, prácticas orais formais e informais, e avaliación progresiva. B2.5. Produción de textos escritos e audiovisuais relacionados co ámbito persoal, educativo ou escolar, e social. B3.8. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. |
B1.2. Escoitar de xeito activo, comprender, interpretar e valorar textos orais de diferente tipo. B1.5. Aprender a falar en público, en situacións formais e informais, de xeito individual ou en grupo. B2.5. Escribir textos en diferentes soportes e formatos, en relación co ámbito de uso. B3.7. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais. |
LCLB1.2.1. Comprende o sentido global de textos orais de intención narrativa, descritiva, instrutiva, expositiva e argumentativa, identificando a información relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa do/da falante, así como a súa estrutura e as estratexias de cohesión textual oral. LCLB1.2.4. Resume textos narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e argumentativos de forma clara, recollendo as ideas principais e integrando a información en oracións que se relacionen loxicamente e semanticamente. LCLB1.5.2. Realiza intervencións non planificadas dentro da aula, analizando e comparando as similitudes e as diferenzas entre discursos formais e espontáneos. LCLB1.5.4. Pronuncia con corrección e claridade, modulando e adaptando a súa mensaxe á finalidade da práctica oral. LCLB2.5.2. Escribe textos narrativos, descritivos e instrutivos, expositivos, argumentativos e dialogados, imitando textos modelo. LCLB3.7.1. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe. |
CCL CSC CSIEE CCEC |
Música
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B2.1. Utilización dos recursos necesarios para a comprensión da música escoitada. B2.5. Interese por desenvolver hábitos positivos e de respecto ás demais persoas durante a escoita. B3.1. A música ao servizo doutras linguaxes: corporal, teatral, cinematográfica, radiofónica ou publicitaria. B3.3. Pluralidade de estilos na música actual: características culturais, artísticas e formais. B4.1. Utilización de dispositivos electrónicos, recursos da internet e software musical de distintas características para o adestramento auditivo, a escoita, a interpretación e a creación musical. B4.5. Emprego e coñecemento dos recursos necesarios para a conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas. B4.6. O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da información e da comunicación. Valoración dos recursos tecnolóxicos como instrumentos para o coñecemento da música e a satisfacción con ela. |
B2.1. Identificar e describir os instrumentos e as voces, e as súas agrupacións. B2.3. Valorar o silencio como condición previa para participar nas audicións. B3.1. Realizar exercicios que reflictan a relación da música con outras disciplinas. B3.2. Demostrar interese polas músicas de distintas características, épocas e culturas, e por ampliar e diversificar as propias preferencias musicais, adoptando unha actitude aberta e respectuosa. B4.1. Utilizar recursos tecnolóxicos dispoñibles para gravar e reproducir música. B4.2. Utilizar de xeito funcional os recursos informáticos dispoñibles para a aprendizaxe e a indagación do feito musical. |
MUB2.1.2. Diferencia as sonoridades dos instrumentos máis característicos da música popular moderna, do folclore e doutras agrupacións musicais. MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. MUB3.1.1. Recoñece, crea e interpreta distintas manifestacións da danza. MUB3.1.2. Distingue as diversas funcións que cumpre a música na nosa sociedade. MUB3.2.1. Amosa interese por coñecer os xéneros musicais e as súas funcións expresivas, gozando deles como oínte con capacidade selectiva. MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. MUB4.1.2. Participa na produción musical demostrando o uso adecuado dos materiais relacionados, os métodos e as tecnoloxías. MUB4.2.1. Utiliza de xeito guiado as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical. |
CCL CSC CSIEE CCEC |