Avaliación

Non todos os estándares indicados na concreción curricular anterior teñen que ser avaliados nesta UDI, poden ser avaliados noutros momentos do curso.

Aquí explicítanse os que se avalían e as ferramentas de avaliación utilizadas.

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Aspectos a observar para a avaliación Competencias Instrumento de avaliación

B3.7. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais.

B3.1. Recoñecer que o pasado non está "morto e enterrado", senón que determina o presente e os posibles futuros e espazos, ou inflúe neles.

LCLB3.7.1. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

Fontes de información consultadas.

Información presentada.

Deseño dos materiais presentados.

Exposición oral.

CCL

CCEC

Rúbrica 1.

B1.2. Escoitar de xeito activo, comprender, interpretar e valorar textos orais de diferente tipo.

B1.3. Escoitar de xeito activo e comprender o sentido global de textos orais.

LCLB1.2.1. Comprende o sentido global de textos orais de intención narrativa, descritiva, instrutiva, expositiva e argumentativa, identificando a información relevante, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa do/da falante, así como a súa estrutura e as estratexias de cohesión textual oral.

LCLB1.2.2. Retén información relevante e extrae informacións concretas.

LCLB1.2.4. Resume textos narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e argumentativos de forma clara, recollendo as ideas principais e integrando a información en oracións que se relacionen loxicamente e semanticamente.

Fontes de información consultadas.

Exposición razoada de argumentos.

Participación activa nos debates.

CSC

CSIEE

Rúbrica 2.

B3.4. Realiza proxectos de participación social que poñan o foco na inclusión a través do respecto polos valores democráticos e na construción dunha sociedade xusta e plural.

B3.8. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais.

VDE3.4.1. Planifica e coopera na
execución dun proxecto de aprendizaxe-
servizo en que se poña de manifesto cara
a que sociedade quere avanzar, cal é o
seu propio papel nese proxecto, como
transmitilo á comunidade para producir
unha mellora social sustentable.

VDE3.4.2. Avalía o proxecto e propón
vías de mellora e transferibilidade.

VDE2.5.3. Debate sobre as solucións posibles que se poidan dar nun conflito.

LCLB3.7.1. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

Observación de aula.

CCEC

CSC

Rúbrica 3.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0