UDI: Orgullo de ser xitana

Imaxe dunha claqueta cinematográfica co nome da unidade didáctica.

Presentación

Áreas traballadas:

Ciencias sociais, lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura, valores sociais e cívicos.

Curso:

6º de educación primaria.

Descrición e xustificación

Nesta UDI preténdese achegar ao alumnado o problema da igualdade da muller na actualidade, en especial no pobo xitano. Comezaremos a unidade didáctica cun vídeo feito por mulleres xitanas no que expoñen os seus problemas á hora de continuar os estudos. A continuación o alumnado terá que realizar un traballo de investigación sobre os e as xitanos e xitanas, dende unha perspectiva máis ampla, que posteriormente exporán en grupos ao resto dos compañeiros; para rematar organizarase un debate onde tema será a necesidade, ou non, de “ cambiar os tempos¨.

Para realizar este traballo utilizaranse a linguaxe audiovisual xa que a comunicación visual e auditiva resulta máis motivadora, facilitando tamén ao alumnado a adquisición de competencias para desenvolverse no mundo actual.

Estudaremos a cultura xitana xa que é unha gran descoñecida para o alumnado aínda que o pobo xitano leva seis séculos vivindo en España. Enfocarase de maneira específica a situación problemática da muller porque é un tema en auxe na nosa sociedade que non está lonxe do alumnado, pois é frecuente ver rapazas xitanas que non poder rematar os seus estudos .

O debate final terá a finalidade de que o alumnado aprenda a defender a súa opinión sobre temas de actualidade e transcendentais para eles. É preciso insistir na necesidade de que sintan que, para poder defender unha idea argumentada, deben ter coñecementos e información sobre o tema, de aí a necesidade de que os procesos de investigación, sexan o máis completos posibles e lle permitan ao alumnado ter una visión global do pobo xitano.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0