Lingua galega e literatura
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B1.2.Valoración dos medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe. B1.3. Uso de documentos audiovisuais como medio de obter, identificar, seleccionar, clasificar, con progresiva autonomía informacións relevantes para aprender. B3.6. 3.6. Uso das TIC, con certa autonomía, na busca de información, o tratamento dos textos e a realización de presentacións. |
B1.2. Valorar e utilizar os documentos audiovisuais dos medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. B1.2. Valorar e utilizar os documentos audiovisuais dos medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. B3.5.Usar as TIC con certa autonomía, para a busca de información, tratamento dos textos e realización de presentacións. |
LGB1.2.1. Accede a documentos audiovisuais e dixitais, para obter, seleccionar e clasificar, con certa autonomía, a información relevante e necesaria para realizar traballos ou completar información, valorando os medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. LGB1.2.2. Elabora textos orais sinxelos imitando modelos de calquera medio de comunicación. LGB3.5.4. Utiliza as TIC, con certa autonomía, para realizar presentacións elementais. |
CSIEF CAA CCL CD |
Valores sociais e cívicos
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B2.2. Estratexias da linguaxe oral como instrumento de comunicación: escoitar, preguntar, argumentar. | B2.2. Utilizar habilidades de escoita e o pensamento de perspectiva con empatía. | VSCB2.2.2. Colabora en proxectos grupais escoitando activamente, demostrando interese polas outras persoas. |
Ciencias sociais
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
| B4.4.Técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado: os mapas históricos e as liñas do tempo. Realización dunha liña do tempo que recolla os acontecementos históricos máis relevantes que marcan as idades da historia. | B4.2.Utiliza as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade para ordenar temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos relevantes. | CSB4.2.1.Usa diferentes técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado, percibindo a duración, a simultaneidade e as relacións entre os acontecementos. |
Lingua castelá e literatura
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B.1.1. Estratexias e normas para o intercambio comunicativo: participación; exposición clara; escoita; respecto á quenda de palabra; entoación adecuada; respecto polos sentimentos, experiencias, ideas, opinións e coñecementos dos e das demais. B1.3. Participación en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso ordenado e coherente. B3.6. Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, xeración de ideas, estrutura...). |
B1.1. Participar en situacións de comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando as normas da comunicación: quenda de palabra, escoita atenta e incorporación ás intervencións dos e das demais. B1.3. Expresarse de forma oral para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións con vocabulario axeitado e estrutura coherente. B3.3. Aplicar todas as fases do proceso de escritura na produción de textos escritos de distinta índole: planificación, textualización, revisión e reescritura, utilizando esquemas e mapas conceptuais, aplicando estratexias de tratamento da información, redactando os seus textos con claridade, precisión e corrección e avaliando, coa axuda de guías, as producións propias e alleas. |
LCB1.1.2. Expresa ideas, pensamentos, opinións, sentimentos e emocións con claridade. LCB1.3.2. Participa activamente e con coherencia na secuencia das súas ideas en diversas situacións de comunicación: -diálogos -exposicións orais seguindo modelos e guiadas, con axuda, cando cumpra, das tecnoloxías da información e comunicación. LCB3.3.3. Emprega, de xeito guiado e seguindo modelos, estratexias de planificación, procura e selección da información: tomar notas, elaborar esquemas, guións, borradores e mapas conceptuais. |