Anexo 3

Rúbrica de autoavaliación da participación no debate (actividade 3)

Alumno/a:
Aspectos A (10-9) B (8-7)

C (6-5)

mínimo esixible

D (4)
Organización do grupo Tivemos unha moi boa organización da actividade, repartimos correctamente as tarefas e tomamos as decisións conxuntamente. Tivemos unha boa organización da actividade, repartimos correctamente as tarefas e tomamos as decisións conxuntamente case sempre. Tivemos unha organización da actividade, repartimos as tarefas e tomamos as decisións dun xeito aceptable con guía da persoa docente. Precisamos axuda da persoa docente ou dos compañeiros ou compañeiras, para a organización da actividade, repartir as tarefas e tomar as decisións
Participación persoal no debate Observei sempre e con corrección as normas básicas dun debate, pedín a quenda de palabra, non interrompín a un compañeiro e mostrei respecto ante as opinións dos compañeiros. Observei case sempre e con corrección as normas básicas dun debate, pedín a quenda de palabra, non interrompín a un compañeiro e mostrei respecto ante as opinións dos compañeiros. Observei, guiado pola persoa docente, as normas básicas dun debate, a quenda de palabra, e mostrei respecto ante as opinións dos compañeiros. Observei coa axuda da persoa docente, as normas básicas dun debate, a quenda de palabra, non interrompín a un compañeiro.
Aportación persoal ao traballo do grupo Participei activamente na organización do equipo, aportei as miñas opinións e admitín as achegas dos compañeiros. Participei na organización do equipo, aportei as miñas opinións e admitín as achegas dos compañeiros case sempre. Participei na organización do equipo, aportei algunha opinión e admitín as achegas dos compañeiros guiado pola persoa docente. Participei con axuda da persoa docente ou das miñas compañeiras ou compañeiros na organización do equipo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0