Participación das familias e a comunidade escolar

Participación das familias Divulgación social da tarefa Colaboración de recursos externos e da comunidade escolar
As familias sempre participan nas actividades do alumnado pois soen ser as primeiras persoas as que recorren cando necesitan axuda. Neste caso, se algunha familia é de orixe xitano, traballa nunha imprenta, ten coñecementos de arte ou de historia, sería invitada a vir á clase para realizar o papel de experta na materia e axudarnos nas nosas investigacións. O cómic resultante desta UDI será publicado na páxina web do centro e na revista escolar que se entrega cada final de curso ás familias do noso alumnado. Así mesmo formará parte dos recursos ofertados pola Biblioteca do centro para préstamo ou consulta. Na revista escolar participa toda a comunidade escolar e é común ter que se poñer de acordo para repartir os espazos, definir o deseño, etc. Todo isto facilitará o desenvolvemento das habilidades sociais do alumnado. Estas habilidades tamén se traballarán amplamente na actividade 3, dado que teñen que buscar a colaboración de empresas para lograr o seu desempeño.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0