
Campamento de xitanos con caravanas cerca de Arles. Vincent Van Gogh. Arles (Francia), agosto de 1888.Museo de Orsay, París (Francia).

Campamento de xitanos con caravanas cerca de Arles. Vincent Van Gogh. Arles (Francia), agosto de 1888.Museo de Orsay, París (Francia).
Áreas traballadas:
Ciencias sociais, matemáticas, lingua galega e literatura, educación artística (plástica).
Curso:
4º de educación primaria.
Os alumnos e alumnas de Educación Primaria necesariamente deben traballar e coñecer a súa propia historia, a do seu entorno, do lugar no que viven así como o legado cultural e artístico que posúe e que lle da unha identidade.
A Historia é un analizador social que permite coñecer moitos dos problemas actuais. Saber de onde proceden estes problemas axudará a comprender a orixe da sociedade na que vivimos. Con todo isto o noso alumnado poderá entender o seu entorno, a súa propia identidade e a existencia dunha sociedade multicultural da que eles mesmos son descendentes. Comprender isto levaranos á tolerancia.
A metodoloxía indicada no eido das ciencias sociais debería despertar o espírito crítico e reflexivo. Debemos evitar que o alumnado se vexa obrigado a aprender uns contidos de memoria. Será a través de metodoloxías innovadoras que lles axuden a enmarcar onde, como e por que ocorreron determinados acontecementos as que facilitarán o proceso cognitivo que promoverá o desenvolvemento dunha reflexión individual e obxectiva, que fomentará o pensamento crítico (Prats, 2007), a autoestima e a relación cos demais compañeiros. Para axudar a que estes coñecementos deixen impronta no alumnado será de gran axuda o traballo coa teoría das Intelixencias Múltiples.
A partir de obras pictóricas de distintos artistas xitanos, esta UDI pretende desenvolver a capacidade intelectual, axudar a lograr empatía social (para fortalecer a tolerancia e a aceptación do diferente), facilitar a comprensión do presente a través do estudio da Historia e das súas manifestacións artísticas, o Patrimonio Histórico e Cultural (Hernández,2010) facendo especial fincapé na visión das minorías.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0