Avaliación

Non todos os estándares indicados na concreción curricular anterior teñen que ser avaliados nesta UDI, poden ser avaliados noutros momentos do curso.

Aquí explicítanse os que se avalían e as ferramentas de avaliación utilizadas.

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Aspectos a observar para a avaliación Competencias Instrumento de avaliación
B1.1. Aproximarse á lectura, análise e interpretación da arte e as imaxes fixas e en movemento nos seus contextos culturais e históricos, comprendendo, de maneira crítica, o significado e función social, sendo capaz de elaborar imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos.

EPB1.1.3. Secuencia unha historia en diferentes viñetas nas que incorpora imaxes e textos seguindo o patrón do cómic.

-Creación de imaxes para ilustrar textos

-Aplicación patrón cómic.

CCL

CSIEE

Guía de observación

(Anexo 2).

B1.1. Aproximarse á lectura, análise e interpretación da arte e as imaxes fixas e en movemento nos seus contextos culturais e históricos, comprendendo, de maneira crítica, o significado e función social, sendo capaz de elaborar imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos.

EPB1.1.4. Recoñece e interpreta de forma oral e escrita o contido das imaxes nunha obra artística.

-Recoñecemento do contido das imaxes dunha obra artística.

-Relación entre elementos artísticos e elementos de entorno próximo.

CCL

CSIEE

Guía de observación

(Anexo 2).

B2.4. Coñecer, utilizar e automatizar algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións da vida cotiá. MTB2.4.1. Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división (de ata dúas cifras) con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.

-Comprensión de operacións básicas: sumas, restas e multiplicacións. 

-Aplicación de conceptos en situacións novas e cotiás.

CMCCT

CAA

Lista de control

(Anexo 3).

B2.5. Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados e reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas. MTB2.5.1. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias
heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios),
creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións.

-Aplicación de operacións básicas á resolución de problemas.

-Relación de conceptos próximos.

CMCT

CAA

Rúbrica.
B1.2.Busca e selección de información empregando as TIC e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso (mediante uso do cartafoles) e comunicación das conclusións.

B1.1.Realiza un traballo de investigación que supoña a busca, selección e organización de información sobre fenómenos previamente delimitados, a realización dun produto, a documentación do proceso e a comunicación do resultados.

Argumentación e resumo por parte do alumnado sobre a aprendizaxe realizada, unha vez observado e analizado o seu traballo no visionado das obras pictóricas.

CSC

CCEC

CSIEE

Rúbrica.
B4.5.Desenvolver a curiosidade por coñecer as formas da vida humana no pasado, valorando a importancia que teñen os restos para o coñecemento e estudo da historia e como patrimonio cultural que hai que coidar e legar. CSB4.5.1.Identifica, valora e respecta o patrimonio natural, histórico, cultural e artístico e asume as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

-Identificación do patrimonio artístico e cultural.

-Responsabilidade no coidado do patrimonio.

CSIEE

CCEC

Rúbrica.
B3.4. Elaborar textos sinxelos que combinen a linguaxe verbal e a non verbal. LGB3.4.1. Elabora textos sinxelos que combinan a linguaxe verbal e non verbal:
cómic.

Elaboración do texto.

Deseño e realización das imaxes.

CCL

CSC

CCEC

CSIEE

Rúbrica.
B3.6. Utilizar recursos gráficos e paratextuais que faciliten a comprensión dos textos.

LGB3.6.1. Usa recursos sinxelos gráficos e paratextuais (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía) para facilitar a comprensión dos textos e ilustrar o seu contido.

-Aplicación de recursos paratextuais no cómic.

-Relación entre recursos paratextuais e gráficos e a atención do lector.

CCL

CSIEE

Rúbrica.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0