UDI: Maletas de vida

Imaxe do Estoxo xitano

Presentación

Áreas traballadas:

Ciencias naturais, ciencias sociais, matemáticas, valores sociais e cívicos, educación artística (plástica), lingua galega e literatura.

Curso:

2º de educación primaria.

Descrición e xustificación

Esta unidade didáctica pretende integrar diferentes tipos de experiencias e aprendizaxes do alumnado e orientalo cara a adquisición dunha serie de habilidades prácticas, coñecementos, actitudes e valores que lle permitan a participación activa no seu contexto social.

Coa realización das diferentes tarefas preténdese o coñecemento e comprensión das forma de vida propias, da cultura máis próxima e relacionada coa vida cotiá. A través do coñecemento do que lles é propio e querido poderán chegar á valoración do que é importante para outros nenos e nenas, en este caso pertencentes ao pobo xitano.

A finalidade última é desenvolver un sentimento de empatía e o recoñecemento de vivencias universais que igualan a todos os seres humanos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0