Concreción curricular

Ciencias naturais

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
B1.5. O traballo cooperativo B1.2. Traballar de forma cooperativa, respectando os compañeiros/as, o material e as normas de convivencia CNB1.2.1. Utiliza estratexias para traballar de forma individual e en equipo e respecta os compañeiros/as, o material e as normas de convivencia.

CAA

CMCT

CSC

Ciencias sociais

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

B1.3. Introdución no uso das TIC e outras fontes (directas e indirectas) para obter información, analizala, organizala, documentar o proceso mediante o uso do cartafol e a comunicación das conclusións.

B1.4. Planificación, xestión e presentación dos traballos co fin de acadar obxectivos

B1.5.O traballo en equipo.

B1.1. Realizar traballos de investigación que partan do establecemento de conxecturas, da observación, experimentación e da toma de conciencia dos sentimentos e sensacións como medios básicos para obter información, seleccionala, organizala, extraer conclusións e comunicalas sen esquecer a introdución ao manexo das TIC para este fin e valorando o esforzo realizado.

B1.2.Traballar en equipo e adoitar un comportamento de respecto e tolerancia ante as achegas alleas.

CSB1.1.1. Fai conxecturas, predicións e recolle información a través da observación e experimentación iniciándose no emprego das TIC e outras fontes directas e indirectas, selecciona a información relevante e a organiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica.

CSB1.1.2.Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas coidando a súa presentación, ten iniciativa na toma de decisións e asume responsabilidades

CSB1.2.1.Participa en actividades individuais e de grupo adoitando un comportamento responsable, construtivo e solidario, valorando o esforzo e o coidado do material.

CAA

CMCT

CSC

Matemáticas

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
B5.2. Utilización de técnicas para a recollida e ordenación de datos en contextos familiares e próximos. B5.1. Recoller e rexistrar unha información cuantificable, utilizando algúns recursos de representación gráfica: táboas de datos, bloques de barras, diagramas lineais, gráficos de pictogramas… comunicando a información. MTB5.1.1. Rexistra e interpreta datos en representacións gráficas

CAA

CMCT

CSC

Valores sociais e cívicos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

B1.5. A autonomía persoal e a autoestima. Seguridade nun mesmo e nunha mesma, iniciativa, autonomía para a acción, confianza nas propias posibilidades. A toma de decisións persoais meditadas. Tolerancia á frustración.

B2.1. As habilidades de comunicación. A percepción e o emprego do espazo físico na comunicación. Os elementos da comunicación non verbal que favorecen o diálogo: ton de voz e maneira de falar. Adecuación a diferentes contextos.

B2.4. O respecto, a tolerancia e a valoración das demais persoas. As diferenzas culturais. Análise de situacións na escola e fóra dela que producen sentimentos positivos ou negativos no alumnado.

B2.5. A diversidade. Respecto polos costumes e modos de vida diferentes ao propio.

B1.4. Adquirir capacidades para tomar decisións, manexando as dificultades para superar frustracións e sentimentos negativos ante os problemas

B2.1. Expresar opinións, sentimentos e emocións, empregando coordinadamente a linguaxe verbal e non verbal.

B2.4. Actuar con tolerancia comprendendo e aceptando as diferenzas.

VSCB1.4.2. Toma iniciativas de actuación durante a colaboración.

VSCB2.1.2. Emprega a comunicación verbal en relación coa non verbal en exposicións orais para expresar opinións, sentimentos e emocións.

VSCB2.4.1. Identifica distintas maneiras de ser e actuar.

CAA

CMCT

CSC

Educación artística. Plástica

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
B1.11. Experimentación con ferramentas nas actividades plásticas e con diversos soportes B1.5. Manexar as actividades plásticas utilizando coa correspondente destreza diferentes ferramentas (recortar, pegar, encher, traballar con pincel, pegamentos etc.). EPB1.5.1. Practica con precisión o recorte, o pegado, o pintado etc.

CAA

CMCT

CSC

Lingua galega e literatura

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave

B1.3. Comprensión e produción de textos orais sinxelos para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián (breves exposición ante a clase, conversas sobre contidos de aprendizaxe e explicación sobre a organización do traballo).

B1.4. Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas e respecto das opinións de quen fala, sen interrupcións inadecuadas

B1.9. Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas, en especial ás referentes ao xénero, ás razas e ás etnias.

B2.3. Localización de información en textos para aprender vinculados á experiencia, tanto en textos producidos con finalidade didáctica como nos de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

B1.3. Comprender e producir textos orais sinxelos, propios do uso cotián ou do ámbito académico.

B1.4. Manter unha actitude de escoita adecuada, respectando as opinións dos e das demais.

B1.9. Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

B2.1. Comprender e localizar información explícita en textos sinxelos de uso cotián ou procedentes dos medios de comunicación.

LGB1.3.3. Elabora e produce textos orais sinxelos ante a clase e responde preguntas elementais sobre o seu contido.

LGB1.4.1. Atende as intervencións dos e das demais en conversas e exposicións, sen interromper

LGB1.9.2. Usa unha linguaxe respectuosa coas diferenzas, en especial ás referentes ao xénero, ás razas e ás etnias.

LGB2.1.3. Localiza información en textos vinculados á experiencia, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

CAA

CMCT

CSC

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0