Os seguintes aspectos teranse en conta para a avaliación da práctica docente.
| Indicadores e aspectos a avaliar | Reflexións tras a posta en práctica | Observacións e propostas de mellora | |
| Planificación | Os obxectivos didácticos expresan claramente as competencias que ten que acadar o alumnado. | ||
| A secuencia de contidos presenta unha distribución e unha progresión axeitada ás características do alumnado. | |||
| A planificación das clases realizouse con flexibilidade, preparando actividades e recursos axustados ás necesidades e intereses do alumnado. | |||
| Realización | Motivación Inicial | O plan de traballo presenta a súa finalidade e as instrucións previas sobre tema que se vai traballar son claras. | |
| Motivación ao longo de todo o proceso | Para manter o interese do alumnado partimos das súas experiencias, cunha linguaxe clara e adaptada. | ||
| A información proporcionada dos progresos acadados así como das dificultades atopadas é un apoio importante para o alumnado. | |||
| Presentación dos contidos | Os contidos e actividades son coherentes cos coñecementos previos do alumnado. | ||
| A adquisición de novos contidos é facilitada por estratexias como intercalar preguntas aclaratorias, sintetizar, exemplificar... | |||
| Actividades na aula | As actividades propostas son variadas e equilibradas para asegurar a adquisición dos obxectivos didácticos previstos e as habilidades e técnicas instrumentais básicas. | ||
| Recursos e organización da aula | A distribución do tempo é axeitada, adoptando distintos agrupamentos en función da tarefa a realizar, controlando sempre que o clima de traballo sexa axeitado e empregando recursos didácticos variados. | ||
| Instrucións, aclaracións e orientacións ás tarefas do alumnado | Compróbase que o alumnado comprende as tarefas que teñen que levar a cabo facendo preguntas, verbalizando os procesos... | ||
| Empréganse estratexias de aprendizaxe como buscar fontes de información, pasos para resolver cuestións, problemas,... asegurando a participación de todo o alumnado. | |||
| Clima da aula | Elabóranse normas de convivencia coas achegas de todas e todos reaccionando de xeito ecuánime ante posibles situacións conflitivas. | ||
| Foméntase o respecto e a colaboración entre o alumnado aceptando as súas suxestións e aportacións. | |||
| Seguimento e control do proceso de ensino e aprendizaxe | Proporciónaselle ao alumnado información precisa sobre a execución das tarefas e as súas posibilidades de mellora. | ||
| Propóñense actividades que faciliten a adquisición dos obxectivos insuficientemente acadados. | |||
| Propóñense actividades que permiten afondar nos obxectivos xa acadados. | |||
| Atención á diversidade | Considérase o nivel de habilidades do alumnado e, en función delas, adáptanse os distintos momentos do proceso de ensino e aprendizaxe. | ||
| Realízase coordinación co resto de profesorado, para modificar contidos, actividades, metodoloxía, recursos... e adaptalos ao alumnado que presente dificultades. | |||
| Avaliación | A avaliación inicial ao inicio de cada UDI está ben deseñanda. | ||
| Os criterios de avaliación que atenden de xeito equilibrado á avaliación dos diferentes contidos están ben seleccionados. | |||
| Sistematicamente empréganse procedementos e instrumentos variados de recollida de información sobre o alumnado. | |||
| Utilízanse diferentes técnicas de avaliación en función da diversidade do alumnado, das diferentes áreas, dos temas, dos contidos... | |||
| Empréganse diferentes medios para informar a familias, profesorado e alumnado (sesións de avaliación, entrevistas individuais...) dos resultados da avaliación. | |||