Non todos os elementos indicados na concreción curricular anterior teñen que ser avaliados nesta UDI, poden ser avaliados noutros momentos do curso. Aquí explicitamos so os que se avaliaran e as ferramentas de avaliación.
| Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Aspectos a observar para a avaliación | Competencias | Instrumento de avaliación |
| B1.3. Comprender e producir textos orais sinxelos, propios do uso cotián ou do ámbito académico. | LGB1.3.3. Elabora e produce textos orais sinxelos ante a clase e responde preguntas elementais sobre o seu contido. |
Elaboración e produción de textos orais. Exposición oral. Utilización de recursos paralingüísticos. |
CCL | Rúbrica 1. |
| B1.5. Manexar as actividades plásticas utilizando coa correspondente destreza diferentes ferramentas (recortar, pegar, encher, traballar con pincel, pegamentos etc.). | EPB1.5.1. Practica con precisión o recorte, o pegado, o pintado etc. |
Coordinación motriz. Orden e limpeza na realización de tarefas plásticas. |
CAA |
Escala de valoración. Lista de control. |
| B1.2.Traballar en equipo e adoitar un comportamento de respecto e tolerancia ante as achegas alleas. |
CSB1.2.1.Participa en actividades individuais e de grupo adoitando un comportamento responsable, construtivo e solidario, valorando o esforzo e o coidado do material. |
Participación equipos de traballo. Esforzo persoal. Asunción de condutas solidarias. Coidado do material. |
CAA CSC |
Rúbrica 2. |
| B5.1. Recoller e rexistrar unha información cuantificable, utilizando algúns recursos de representación gráfica: táboas de datos, bloques de barras, diagramas lineais, gráficos de pictogramas… comunicando a información. | MTB5.1.1.Rexistra e interpreta datos en representacións gráficas |
Utilización funcional de categorías clasificatorias. Representación gráfica de datos. Interpretación de diversos tipos de gráficos. |
CMCT CAA |
Caderno de clase. |
| B1.1.Realizar traballos de investigación que partan do establecemento de conxecturas, da observación, experimentación e da toma de conciencia dos sentimentos e sensacións como medios básicos para obter información, seleccionala, organizala, extraer conclusións e comunicalas sen esquecer a introdución ao manexo das TIC para este fin e valorando o esforzo realizado. | CSB1.1.1.Fai conxecturas, predicións e recolle información a través da observación e experimentación iniciándose no emprego das TIC e outras fontes directas e indirectas, selecciona a información relevante e a organiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica. |
Elaboración de hipótesis. Procura eficaz da información. Iniciación na utilización das TIC e fontes directas de información. Identificación de información relevante. Obtención de conclusións. Eficacia na comunicación oral. |
CAA CSC |
Rúbrica 3. |
| B1.9. Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas. |
LGB1.9.2. Usa unha linguaxe respectuosa coas diferenzas, en especial ás referentes ao xénero, ás razas e ás etnias. |
Actitude de respecto ante as diferenzas. Uso dunha linguaxe respectuosa. |
Escala de avaliación. |