| Voz | Vocalizo con claridade e seguridade. Utilizo o volume da voz para atraer a atención dos meus compañeiros e compañeiras. | Vocalizo con claridade e o volume de voz que utilizo é correcto. | Hai momentos en que vocalizo con claridade e o volume de voz é correcto. | Uso un volume de voz moi baixo e teño que mellorar a miña vocalización. |
|---|
| Postura do corpo e contacto visual | Estou relaxado ou relaxada e manteño unha postura correcta. Miro para os meus compañeiros e compañeiras. | Manteño unha postura bastante correcta e establezo contacto visual ocasional con os meus compañeiros e compañeiras. | Manteño unha postura bastante correcta pero teño que facer un gran esforzo por manter contacto visual cos compañeiros e compañeiras. | Estou bastante nervioso ou nerviosa e son incapaz de manter contacto visual cos compañeiros e compañeiras. |
|---|
| Estrutura | Presento os obxectos seleccionados de forma moi clara e ordenada, describindo cada un deles e a razón da súa selección. | Presento os obxectos de forma clara, fago unha descrición superficial e apenas xustifico a razón da súa selección. | Presento os obxectos de xeito desordenado, fago unha descrición superficial e non xustifico a razón da súa selección. | Presento os obxectos. |
|---|