Os seguintes aspectos serán avaliados mediante unha rúbrica (se é o caso).
Rúbrica
Rúbrica 1
| Criterios de avaliación | Indicadores de avaliación | Sen Dificultade | En proceso |
En proceso mínimo esixible |
Con dificultade | Competencias |
| Mostrar interese polos textos escritos presentes na aula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso e na comprensión das súas finalidades. | Escoita atenta da lectura de textos literarios e identificación dos personaxes. | Escoita con atención a lectura de textos literarios e identifica aos personaxes do conto. | Case sempre escoita con atención a lectura de textos literarios pero non identifica aos personaxes do conto. | Necesita axuda para prestar atención á lectura de textos literarios e para identificar aos personaxes do conto. | Nunca presta atención á lectura de textos literarios e non é capaz de identificar aos personaxes do conto. | Comunicación lingüística. |
| Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes. | Elaboración dunha batería de adxectivos para describir a unha persoa. | Escoita con atención os modelos de descricións e participa na elaboración dunha batería de adxectivos para describir a unha persoa. | Cústalle escoitar os modelos de descricións e realiza moi poucas achegas na elaboración dunha batería de adxectivos. | Escoita a lectura de modelos de descricións só si é individual e para facer achegas na elaboración dunha batería de adxectivos precisa axuda. | Non escoita a lectura de modelos de descricións nin sendo individual e non fai achegas na elaboración dunha batería de adxectivos. |
Comunicación lingüística. Autonomía e iniciativa persoal. |
| Realización de achegas ás conversas de grupo e incorporación do léxico novo ao vocabulario. | Realiza achegas coherentes ás conversas de grupo e incorpora e usa o léxico novo. | Realiza achegas coherentes ás conversas de grupo e incorpora e usa o léxico novo. | Para participar das conversas en grupo e usar o vocabulario novo ten que estar en parella. | Non participa das conversas en grupo e non usa o vocabulario novo. | ||
| Coñecemento das regras dunha descrición e diferenciación entre obxectiva e subxectiva. | Realiza descricións ricas seguindo unha orde, aporta datos para a descrición subxectiva e obxectiva e mesmo recorre á comparación. | Empeza a facer descricións subxectivas e obxectivas con axuda. | Con axuda recorda ás regras da descrición e diferenza os datos obxectivos dos subxectivos. | Non recorda ás regras da descrición e non diferenza os datos obxectivos dos subxectivos. | ||
| Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións. | Coñecemento das partes do rostro. | Nomea e describe con adxectivos ricos e variados as partes do seu rostro. | Pode nomear as partes do seu rostro pero aínda non é capaz de describilas. | Nomea as partes do seu rostro coa axuda doutra persoa da aula. | Non nomea as partes do seu rostro. | Autonomía e iniciativa persoal. |
| Valoración das diferenzas físicas como enriquecedoras. | Describe as diferenzas físicas máis importantes que pode presentar unha persoa nun ton de aceptación e respecto. | Describe as diferenzas físicas máis importantes entre as persoas pero cústalle aceptar as diferenzas con respecto ás súas. | Describe as diferenzas físicas posibles entre as persoas coa colaboración dos iguais pero manifesta rexeitamento ante as diferenzas. | Non describe as diferenzas físicas posibles entre as persoas e manifesta rexeitamento ante as diferenzas. | ||
| Diferenciación dos 3 segmentos do esquema corporal. | Nomea e sinala no seu propio corpo e no doutras persoas a cabeza, o tronco e as extremidades. | Pode sinalar a cabeza, o tronco e as extremidades en si mesmo pero aínda non é capaz de nomealos. | Sinala e nomea os tres segmentos do esquema corporal con axuda. | Non sinala nin nomea os tres segmentos do esquema corporal. |
Rúbrica 2
| Criterios de avaliación | Indicadores de avaliación | Sen Dificultade | En proceso |
En proceso mínimo esixible |
Con dificultade | Competencias |
| Utilizar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación como vehículo de expresión e comunicación. | Coñecemento da cultura propia. | Coñece tres características da cultura propia: lingua, gastronomía, relixión, valores, manifestacións culturais, modelos de familia, símbolos etc. | Coñece dúas características da cultura propia: lingua, gastronomía, relixión, valores, manifestacións culturais, modelos de familia etc. | Coñece unha característica da cultura propia: lingua, gastronomía, relixión, valores, manifestacións culturais, modelos de familia etc. | Non coñece ningunha característica da cultura propia: lingua, gastronomía, relixión, valores, manifestacións culturais, modelos de familia etc. |
Tratamento da información e competencia dixital. Social e cidadá. Aprender a aprender. |
| Coñecemento da cultura do pobo xitano. | Amosa interese pola cultura do pobo xitano manifestando respecto cara manifestacións culturais diferentes á súa. Pode describe dúas características destacables da cultura xitana e nomear a dúas persoas artistas xitanas. | Amosa interese pola cultura do pobo xitano manifestando respecto cara manifestacións culturais diferentes á súa pero necesita axuda para describir dúas características destacables da cultura xitana e nomear a unha persoa artista xitana. | Manifesta respecto cara manifestacións culturais diferentes á súa pero necesita axuda para describir unha característica da cultura xitana e nomear a unha persoa artista xitana. | Non manifesta respecto cara manifestacións culturais diferentes á súa e non describe unha característica da cultura xitana nin nomea a unha persoa artista xitana. | ||
| Busca de información en internet. | Presta atención cando se realiza unha busca en Internet e describe os pasos realizados. | Presta atención cando se realiza unha busca en Internet pero aínda non describe os pasos para realizala. | Necesita que lle axuden a prestar atención cando se realiza unha busca en internet e tamén para describir os pasos realizados. | Non presta atención cando se realiza unha busca en internet e tampouco describe os pasos realizados. | ||
| Recollida de información de textos dixitais. | Presta atención cando se len textos dixitais proxectados e recolle datos das lecturas realizadas. | Presta atención cando se len textos dixitais proxectados pero necesita axuda para recoller datos das lecturas realizadas. | Presta atención con axuda guiada cando se len textos dixitais proxectados e tamén a necesita para recoller datos das lecturas realizadas. | Non presta atención cando se len textos dixitais proxectados non recolle datos das lecturas realizadas. | ||
| Producir diferentes textos individualmente ou en grupo -con escritura convencional ou non-, iniciándose no uso do teclado para a codificación, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información. | Coñecemento dos textos expositivos. | Identifica a relación co real dos textos expositivos e usa a tipografía para destacar datos. | Identifica a relación co real dos textos expositivos e pero está aprendendo a usar a tipografía para destacar datos. | Está aprendendo a usar a tipografía para destacar datos pero necesita axuda para identificar a relación co real dos textos expositivos. | Non usa a tipografía para destacar datos e non identifica a relación co real dos textos expositivos. |
Competencia lingüística. Aprender a aprender. |
Rúbrica 3
| Criterios de avaliación | Indicadores de avaliación | Sen Dificultade | En proceso |
En proceso mínimo esixible |
Con dificultade | Competencias |
| Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes. | Interese polos distintos textos lidos na aula. | Escoita con atención a lectura de textos diversos e amosa interese polos artistas presentados. | Escoita sen moita atención a lectura de textos diversos e vai amosando interese polos artistas presentados. | Necesita lecturas en parella para escoita con atención a lectura de textos diversos e non amosa interese polos artistas presentados. | Non escoita con atención a lectura de textos diversos e non amosa interese polos artistas presentados. |
Comunicación lingüística. Identidade e autonomía persoal. Cultural e artística. |
| Características do autorretrato. | Identifica os trazos básicos dun autorretrato e nomea o título de dous autorretratos dos traballados. | Identifica os trazos básicos dun autorretrato pero non nomea o título de dous autorretratos dos traballados. | Identifica os trazos básicos dun autorretrato con axuda e non nomea o título dalgún dos autorretratos traballados. | Non dentifica os trazos básicos dun autorretrato e non nomea o título dalgún dos autorretratos traballados. | ||
| Coñecemento das partes do rostro e a súa identidade. | Nomea as partes do rostro e identifica os trazos mais salientables do seu rostro. | Nomea as partes do rostro pero aínda non identifica os trazos mais salientables do seu rostro. | Necesita axuda para nomear as partes do rostro e para identificar os trazos mais salientables do seu rostro. | Non nomea as partes do rostro e non identifica os trazos mais salientables do seu rostro. |
Rúbrica 4
| Criterios de avaliación | Indicadores de avaliación | Sen Dificultade | En proceso |
En proceso mínimo esixible |
Con dificultade | Competencias |
| Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais. | Uso dos materiais plásticos. | Utiliza correctamente os utensilios plásticos empregados. | Utiliza correctamente algúns dos utensilios plásticos empregados. | Necesita axuda para utilizar correctamente os utensilios plásticos. | Non utiliza correctamente os utensilios plásticos. |
Identidade e autonomía persoal. Cultural e artística. |
| Valoración e respecto polas diferenzas. | Valora como positivas as diferenzas individuais manifestando respecto polas diferenzas físicas e acepta de bo grado xogar a cambiar trazos do seu rostro. | Valora como positivas as diferenzas individuais manifestando respecto polas diferenzas físicas pero cústalle aceptar o xogo de cambiar trazos do seu rostro. | Con acompañamento valora como positivas as diferenzas individuais manifestando respecto polas diferenzas físicas pero cústalle aceptar o xogo de cambiar trazos do seu rostro. | Nunca valora como positivas as diferenzas individuais, non manifesta respecto polas diferenzas físicas e cústalle aceptar o xogo de cambiar trazos do seu rostro. | ||
| Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas. | Emprego da cámara en sesións fotográficas. | Manexa con soltura a cámara fotográfica e acepta os diferentes roles nunha sesión fotográfica. | Comeza a manexar con soltura a cámara fotográfica e comeza a aceptar os diferentes roles nunha sesión fotográfica. | Manexa con axuda a cámara fotográfica e acepta os diferentes roles nunha sesión fotográfica. | Non manexa a cámara fotográfica e non acepta os diferentes roles nunha sesión fotográfica. | Cultural e artística. |
| Coñecemento do rostro e producións plásticas e estéticas. | Representa o seu rostro con detalle e as súas producións son expresivas. Goza compartindo experiencias estéticas. | Representa o seu rostro con algún detalle e as súas producións aínda non son moi expresivas. Empeza a gozar compartindo experiencias estéticas. | Representa o seu rostro con axuda e as súas producións non son expresivas. Goza compartindo experiencias estéticas. | Aínda non representa o seu rostro e as súas producións non son expresivas. Non goza compartindo experiencias estéticas. |