
UDI: Somos únicos... e diferentes!
Presentación
Áreas traballadas:
Identidade e autonomía persoal; interacción co mundo físico; linguaxes: comunicación e representación.
Curso:
4º, 5º e 6º de educación infantil.
Descrición e xustificación
Esta UDI pretende introducir na primeira etapa do sistema educativo (aínda que non obrigatoria) o respecto polas diferenzas físicas e culturais, en concreto cara o pobo xitano, a partir do traballo da súa propia imaxe, identidade e cultura.
O elemento motivador que se emprega é o texto “Melodía en la ciudad” de Benjamín Lacombe editado por Edelvives, xa que este presenta a través dun texto literario fermosamente ilustrado, os modos de vida opostos dunha nena xitana e dun neno non xitano evidenciando os diferentes valores culturais.