Concreción curricular

A selección de obxectivos, contidos e criterios de avaliación correspondentes a cada nivel do segundo ciclo de Educación Infantil preséntanse nesta táboa para poder ver a relación e coherencia entre eles o que permite adaptar a mesma Unidade Didáctica Integrada aos tres niveis deste ciclo educativo. Cada obxectivo co seu correspondente contido e criterio de avaliación está formulado para 3, 4 e 5 anos.

Área I

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación

1. Identificar gradualmente as propias características, posibilidades e limitacións (3 anos).

1. Formarse unha imaxe axustada e positiva propia, identificando gradualmente as propias características, posibilidades e limitacións a través da interacción coas outras persoas (4 anos).

1. Formarse unha imaxe axustada e positiva propia, identificando gradualmente as propias características, posibilidades e limitacións a través da interacción coas outras persoas, desenvolvendo sentimentos de autoestima e acadando maior autonomía persoal (5 anos).

2. Identificar as partes do seu corpo e algunhas das súas funcións e iniciarse na súa representación (3 anos).

2. Coñecer e representar o seu corpo, identificando as súas partes e algunhas das súas funcións, escubrindo as posibilidades de acción e de expresión (4 anos).

2. Coñecer e representar o seu corpo, identificando as súas partes e algunhas das súas funcións, descubrindo as posibilidades de acción e de expresión, e coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos (5 anos).

3. Amosar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais -idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas... (3, 4 e 5 anos).

4. Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias (3 anos).

4. Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias, e ser capaces de expresalos e comunicalos (4 anos)

4. Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias, e ser capaces de expresalos e comunicalos, así como identificar e respectar tamén os das outras persoas (5 anos).

1. Aceptación da súa imaxe corporal e goce xogando co seu corpo (3 anos).

1. Aceptación da súa imaxe corporal e goce xogando co seu corpo, desenvolvendo accións e iniciativas individuais e grupais (4 anos).

1. Aceptación da súa imaxe corporal e goce xogando co seu corpo, desenvolvendo accións e iniciativas individuais e grupais, empregando as posibilidades expresivas do propio corpo –a través de xestos, movementos, xogos, danzas... (5 anos).

2. Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do propio corpo (3 anos).

2. Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do propio corpo, en relación e interacción cos datos que recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos (4 anos).

2. Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións e das percepcións do propio corpo, en relación e interacción cos datos que recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos. Vivenciación do corpo como un todo para pasar progresivamente a vivenciar as partes que o integran (5 anos).

3. Aceptación da identidade propia e das demais persoas (3 anos).

3. Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características das demais persoas (4 anos).

3. Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade e características das demais persoas, evitando actitudes discriminatorias (5 anos).

4. Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses propios (3 anos).

4. Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas. Xestión progresiva dos propios sentimentos e emocións, co fin de controlar as rabechas, resolver pacificamente os conflitos e a aceptación das normas (4 e 5 anos).

Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.

Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes.

Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida.

Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a diversidade.

Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender os das demais persoas.

Área II

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación

5. Observar e explorar de forma activa o seu contorno (3 anos).

5. Observar e explorar de forma activa o seu contorno, mostrando interese polo seu coñecemento (4 anos).

5. Observar e explorar de forma activa o seu contorno, xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos, e mostrando interese polo seu coñecemento (5 anos).

6. Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia e algunhas das súas características (3 anos).

6. Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características e producións culturais (4 anos).

6. Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida (5 anos).

5. Interese pola exploración dos obxectos e materiais presentes no medio, recoñecendo as súas funcións e usos cotiáns (3 anos).

5. Interese pola exploración dos obxectos e materiais presentes no medio, recoñecendo as súas funcións e usos cotiáns; mantendo unha actitude de respecto e coidado cara a obxectos propios e alleos (4 e 5 anos).

6. Recoñecemento dalgúns acenos de identidade cultural (3 anos).

6. Recoñecemento dalgúns acenos de identidade cultural apreciando os cambios que producen no modo de vida co paso do tempo. Sucesos e persoas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do mundo; mediante relatos, narracións, visitas reais ou virtuais, libros, Internet, … (4 e 5 anos).

Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativos do seu contorno e algunhas características da súa organización.

Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades, valorando a súa diversidade e riqueza

Área III

Obxectivos Contidos Criterios de avaliación

7. Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos (3 anos).

7. Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe, e de goce (4 e 5 anos).

8. Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos -literarios, expositivos, enumerativos, informativos, prescriptivos- (3 anos).

8. Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos -literarios, expositivos, enumerativos, informativos, prescritivos-, recoñecendo a funcionalidade e uso social destes (4 anos).

8. Achegarse á lingua escrita a través de distintos tipos de textos -literarios, expositivos, enumerativos, informativos, prescritivos-, recoñecendo a funcionalidade e uso social destes; descubrindo que os textos escritos poden ofrecer oportunidades tales como: informar, brindar novos coñecementos, entreter e enriquecer a fantasía. (5 anos).

9. Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes (3 anos).

9. Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións: pintura, modelado, escultura, teatro, danza, música, literatura, imaxes proxectadas... e adquirindo sensibilidade estética (4 e 5 anos).

10. Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC -ordenadores, internet, encerado dixital interactivo, escáner, vídeo...- como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación (3, 4 e 5 anos).

7. Participación en situacións de comunicación con distintos propósitos, respectando quendas e escoitando atentamente (3 anos).

7. Participación en situacións de comunicación con distintos propósitos, en diferentes contextos e con persoas interlocutoras diversas usando argumentos nas súas conversacións, respectando quendas e escoitando atentamente (4 e 5 anos).

8.1. Achegamento á lingua escrita como medio de comunicación, información e goce. (3 anos).

8.1. Achegamento á lingua escrita como medio de comunicación, información e goce. Interese por explorar e coñecer algúns dos textos de uso social e algunha das súas propiedades -función, autoría, soporte, personaxes, relación título – contido, relación imaxe – texto,.....- (4 e 5 anos).

8.2. Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica. Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais -nomes propios,...-. Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades cuantitativas -cantidade de letras, palabras longas e palabras curtas- e propiedades cualitativas -variedade de grafías- (3 anos).

8.2. Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica. Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais -nomes propios, personaxes e títulos de contos, poemas ...-. Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades cuantitativas -cantidade de letras, palabras longas e palabras curtas- e propiedades cualitativas -variedade de grafías-. Iniciación ao coñecemento do código escrito a través desas palabras e frases empregadas en contextos significativos e funcionais (4 e 5 anos).

9.1. Goce coas obras artísticas (3 anos).

9.1. Goce coas obras artísticas distinguindo e apreciando elementos básicos das formas de expresión: cor, forma, liña, movemento, volume, texturas, ritmos, melodías, timbres, entre outros, que lle permitan desenvolver a súa sensibilidade estética (4 e 5 anos).

9.2. Interpretación e valoración de diferentes tipos de obras plásticas mantendo un diálogo ante a obra de arte; manifestando as emocións e sensacións que producen, as ideas que suxire, así como indicando o que gusta e o que non (3,4 e 5 anos).

10. Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías -videotecas, coleccións de CD, ordenadores, Internet…- como fontes de información e de comunicación (3 anos).

10. Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías -videotecas, coleccións de CD, ordenadores, Internet…- como fontes de información, de comunicación, de expresión, de estratexias de exploración e investigación,…que melloran a competencia para o descubrimento, o coñecemento, o traballo cooperativo e a comunicación (4 e 5 anos).

Utilizar a lingua oral do modo máis conveniente para unha comunicación positiva con iguais e con persoas adultas, segundo as intencións comunicativas.

Mostrar interese polos textos escritos presentes na aula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso e na comprensión das súas finalidades. Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.

Producir diferentes textos individualmente ou en grupo -con escritura convencional ou non-, iniciándose no uso do teclado para a codificación, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información, goce...

Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais.

Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0