Avaliación

Non todos os elementos indicados na concreción curricular anterior teñen que ser avaliados nesta UDI, poden ser avaliados noutros momentos do curso. Aquí explicitamos so os que se avaliaran e as ferramentas de avaliación.

Criterios de avaliación Indicadores de avaliación Aspectos a observar para a avaliación Instrumento de avaliación

Mostrar interese polos textos escritos presentes na aula e no contorno próximo, iniciándose no seu uso e na comprensión das súas finalidades. Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.

Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade, manifestando confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.

Escoita con atención a lectura de textos literarios.

Identifica aos personaxes do conto lido.

Escoita con atención modelos de descricións.

Participa na elaboración dunha batería de adxectivos para describir unha persoa.

Fai achegas ás conversas de grupo.

Diferenza a descrición obxectiva da subxectiva.

Coñece as regras dunha descrición.

Incorpora ao seu vocabulario o léxico novo.

Introduce a comparación nas descricións que realiza.

Valora as diferenzas físicas como enriquecedoras.

Identifica as partes do rostro.

Diferenza os 3 segmentos do esquema corporal.

Actitude lectora.

Participación e implicación nas propostas didácticas.

Aumento de vocabulario.

Achegamento á lingua escrita e aos textos literarios e descritivos.

Evolución na interiorización do esquema corporal.

Rúbrica 1.

Utilizar, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e comunicación como vehículo de expresión e comunicación.

Producir diferentes textos individualmente ou en grupo -con escritura convencional ou non-, iniciándose no uso do teclado para a codificación, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información.

Amosa interese pola cultura do pobo xitano.

Coñece tres características da cultura propia: lingua, gastronomía, relixións, valores, manifestacións culturais, modelos de familia etc.

Manifesta respecto cara manifestacións culturais diferentes á súa.

Presta atención cando se realiza unha busca en Internet.

Describe os pasos para realizar unha busca en Internet.

Presta atención cando se len textos dixitais e proxectados.

Recolle datos das lecturas realizadas.

Identifica a relación co real dos textos expositivos.

Usa a tipografía para destacar datos.

Describe dúas características destacables da cultura xitana.

Nomea dúas características do pobo xitano.

Coñece dúas persoas artistas xitanas

Pescuda de información en diferentes fontes.

Respecto polo pobo xitano.

Achegamento á lingua escrita e ás propiedades dos textos expositivos.

Coñecemento da cultura xitana.

Rúbrica 2.
Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes.

Escoita con atención a lectura de textos diversos.

Amosa interese polos artistas presentados.

Identifica dous trazos básicos dun autorretrato.

Nomea o título de dous autorretratos traballados.

Nomea as partes do rostro.

Identifica os trazos mais salientables do seu rostro

Coñecemento do autorretrato.

Achegamento a artistas relevantes.

O rostro e os seus detalles.

Respecto polas diferenzas.

Rúbrica 3.

Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais.

Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas.

Utiliza correctamente os uteis plásticos empregados.

Valora como positivas as diferenzas individuais.

Manifesta respecto polas diferenzas físicas.

Acepta de bo grado xogar a cambiar trazos do seu rostro.

Manexa con soltura a cámara fotográfica.

Acepta os diferentes roles nunha sesión fotográfica.

Representa o seu rostro con detalle.

As súas producións son expresivas.

Goza compartindo experiencias estéticas.

Técnicas plásticas e materiais.

Diferenzas físicas.

A fotografía documental.

Rúbrica 4.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0