UDI: O holocausto
Presentación
Áreas traballadas:
Xeografía e historia, valores democráticos europeos, lingua castelá e literatura e educación plástica, visual e artística
Curso:
4º de educación secundaria obrigatoria.
Descrición e xustificación
O motivo desta Unidade Didáctica Integrada é achegar a persecución sufrida polo pobo xitano ao longo da historia, incidindo no holocausto, co fin de desenvolver un sentimento de empatía histórica que nos permita entender esta cultura tan cercana e ao mesmo tempo tan distante.
O elemento motivador, e de inicio, será a visualización do vídeo da campaña “Lección Gitana”.