Xeografía e historia
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B6.2. Desenvolvemento da II Guerra Mundial: extensión, fases, formas de guerra e principais consecuencias. B6.3. O Holocausto. |
B6.2. Coñecer os principais feitos da II Guerra Mundial, diferenciar as escalas xeográficas nesta guerra (europea e mundial) e entender o concepto de guerra total. B6.3. Entender o contexto en que se desenvolveu o Holocausto na guerra europea e as súas consecuencias. |
XHB6.2.1. Sitúa nun mapa as fases do conflito. XHB6.2.2. Dá unha interpretación de por que rematou antes a guerra europea que a mundial. XHB6.2.3. Elabora unha narrativa explicativa das causas e as consecuencias da II Guerra Mundial, a distintos niveis temporais e xeográficos. XHB6.3.1. Recoñece a significación do Holocausto na historia mundial. |
CAA CCL |
Valores democráticos europeos
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B1.3. Léxico do bloque: dignidade da persoa, fraternidade, liberdade humana, trato digno, xuízo xusto, trato inhumano ou degradante, detención arbitraria, presunción de inocencia, discriminación, violación de dereitos, etc. B3.3. Proxecto de vida persoal: límites e oportunidades que ofrecen as circunstancias persoais, e valores éticos que serven como guía. |
B1.1. Interpretar e valorar a importancia da dignidade da persoa como o valor do que parte e no que se fundamenta a DUDH, subliñando os atributos inherentes á natureza humana e os dereitos inalienables e universais que derivan dela, como o punto de partida sobre o que deben xirar os valores éticos nas relacións humanas a nivel persoal, social, estatal e universal. B3.2. Comprender e apreciar a importancia que teñen para o ser humano do século XXI as circunstancias que o rodean, salientando os límites que lle impoñen e as oportunidades que lle ofrecen para a elaboración do seu proxecto de vida, conforme os valores éticos que libremente elixe e que dan sentido á súa existencia. |
VEB1.1.3. Relaciona adecuadamente os termos e as expresións seguintes, que se utilizan na DUDH: dignidade da persoa, fraternidade, liberdade humana, trato digno, xuízo xusto, trato inhumano ou degradante, detención arbitraria, presunción de inocencia, discriminación, violación de dereitos, etc. VEB3.2.1. Describe e avalía as circunstancias que no momento actual o/a rodean, identificando as limitacións e as oportunidades que se lle formulan desde as perspectivas social, laboral, educativa, económica, familiar, afectiva, etc., co obxecto de deseñar, a partir delas, o seu proxecto de vida persoal, determinando libremente os valores éticos que deben guialo/a. |
Lingua castelá e literatura
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B2.3 Lectura, comprensión, interpretación e valoración de textos narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos, argumentativos e dialogados. B3.10. Coñecemento dos rexistros e dos factores que inciden no uso da lingua en distintos ámbitos sociais, e valoración da importancia de utilizar o rexistro adecuado segundo as condicións da situación comunicativa. |
B2.2. Ler, comprender, interpretar e valorar textos escritos en diferentes soportes e formatos. B3.10. Recoñecer e utilizar os rexistros lingüísticos en función dos ámbitos sociais, valorando a importancia de utilizar o rexistro adecuado a cada momento. |
LCLB2.2.1 Recoñece e expresa o tema, as ideas principais, a estrutura e a intención comunicativa de textos escritos propios dos ámbitos persoais, educativo, social e laboral, e de relacións con organizacións, identificando a tipoloxía textual seleccionada (narración, exposición, etc.), a organización do contido e o formato empregado. LCLB3.10.2. Valora a importancia de utilizar o rexistro adecuado a cada situación comunicativa, e aplícao nos seus discursos orais e escritos. |
Educación plástica, visual e artística
| Contidos | Criterios de avaliación | Estándares de aprendizaxe | Competencias clave |
|
B1.8. Seguimento do proceso de creación: bosquexo, proxecto, presentación final e avaliación (reflexión propia e avaliación colectiva). B1.9. Elaboración de proxectos plásticos de forma cooperativa. B1.10. Lectura e valoración de obras artísticas e imaxes en distintos soportes. B1.11. Análise de distintas obras de arte situándoas na época, na técnica e no estilo aos que pertencen. Valoración do patrimonio artístico. |
B1.4. Realizar proxectos plásticos que comporten unha organización de forma cooperativa, valorando o traballo en equipo coma fonte de riqueza na creación artística. B1.5. Recoñecer en obras de arte a utilización de elementos e técnicas de expresión, apreciar os estilos artísticos, valorar o patrimonio artístico e cultural como un medio de comunicación e satisfacción individual e colectiva, e contribuír á súa conservación a través do respecto e divulgación das obras de arte. |
EPVAB1.4.1. Entende o proceso de creación artística e as súas fases, e aplícao á produción de proxectos persoais e de grupo. EPVAB1.5.1. Explica, empregando unha linguaxe axeitada, o proceso de creación dunha obra artística, e analiza os soportes, os materiais e as técnicas gráfico- plásticas que constitúen a imaxe, así como os seus elementos compositivos. EPVAB1.5.2. Analiza e le imaxes de obras de arte e sitúaas no período ao que pertencen. |
CSIEE CCEC |