Modelos de pensamento

Os anteriores autores, J. Moya e F. Luengo, propoñen tamén 9 modelos de pensamento, que son os que se empregarán ao longo das UDIs:

  1. Modelo reflexivo: permite tomar conciencia do propio estilo de pensamento e ordenar as ideas.
  2. Modelo analítico: supón representar a realidade a través de categorías claramente diferenciadas e homoxéneas, establecendo semellanzas e diferenzas entre as mesmas.
  3. Modelo lóxico: é aquel que xera e ordena as ideas partindo das xa existentes, seguindo regras precisas de razoamento e argumentación.
  4. Modelo crítico: interésase polos fundamentos das ideas, accións, valoracións, xuízos...co fin de enfrontarse á realidade e formular interrogantes.
  5. Modelo analóxico: é a procura constante de similitudes entre situacións que nun principio son diferentes así como busca diferencias entre situacións que son similares, establecendo conexións entre os mundos visibles e invisibles que amosen as súas semellanzas.
  6. Modelo sistémico: camiño polo cal se accede á realidade complexa, á realidade que non se pode reducir nas súas partes, a aquelas realidades que desaparecen cando son fragmentadas.
  7. Modelo creativo: aquel que opera con ideas e busca ideas novas, é o pensamento da posibilidade.
  8. Modelo deliberativo: supón a adopción de decisións utilizando criterios e valores e non un cálculo lóxico.
  9. Modelo práctico: permite encadear accións para resolver determinadas situacións empregando información previa, datos, documentos…

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0