J. Moya e F. Luengo, en “Teoría y práctica de las competencias básicas”, cando falan de modelos de ensino, pretenden describir os ambientes onde o alumnado actúa e aprende, describindo 4 modelos:
- Modelo condutual: baseado na modificación da conduta do alumnado segundo o éxito na realización das tarefas.
- Modelo cognitivo: centrado na obtención e organización da información mediante procesos internos, sempre coa axuda e interacción entre os e as compañeiros e compañeiras.
- Modelo social: centrado na natureza social do alumnado, en como a interacción social pode mellorar a aprendizaxe académica e en xerar condutas integradoras e democráticas.
- Modelo persoal: axuda ao desenvolvemento persoal, mental e emocional, a considerar a cada estudante de xeito individual, axudando a mellorar a creatividade e a expresión persoal.