Deseño das UDIs

Estas Unidades Didácticas Integradas (UDIs) pretenden dar unha reposta eficaz na construción dun currículo integrado que facilite a aprendizaxe das competencias clave e que relacionen todos os elementos curriculares.

Neste modelo de programación únense de xeito eficaz os niveis de integración que favorecen a aprendizaxe das competencias clave ademais de acadar un equilibrio entre os elementos que a constitúen como a concreción curricular, a transposición didáctica e a valoración das aprendizaxes.

As UDIs propostas neste documento contan cos seguintes apartados:

  1. Identificación.
    • Descrición e xustificación.
  2. Concreción curricular.
    • Tarefa.
    • Transposición didáctica e organización da tarefa.
  3. Avaliación.
    • Rúbrica.
    • Avaliación da práctica docente.
  4. Participación das familias e comunidade escolar.
  5. Anexos.

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0