Para solicitar os diplomas en SVB hai que facer o seguinte:
- Cubrir a folla de cálculo de comunicación da formación en RCP, tendo en conta os seguintes aspectos:
- Os primeiros campos refírense ao contexto onde tivo lugar a actividade co alumnado: datas, centro educativo, o enderezo do mesmo, e o alternativo para o envío de diplomas (de coincidir, este pode deixarse en branco).
- Os seguintes campos son sobre o/a docente que impartiu a actividade, polo que se consignarán os datos persoais (a conta de correo-e debe ser a corporativa).
- Os datos dos alumnos a certificar deben cubrirse en maiúsculas, deixando a columna das sinaturas baleira.
- O formato da folla de cálculo non se pode modificar, xa que para a súa lectura se fai de forma automatizada.
- Cada alumno/a que queira o diploma, e teña DNI, deberá cubrir a man a folla de solicitude de certificación de ter participado no programa, asinando a mesma (o/a representante legal no caso de menores de 14 anos).
- O/a docente escaneará todas as follas de solicitudes e as incoporará, xunto coa folla de cálculo, a unha carpeta comprimida que se nomeará co nome e código do centro (p.ex. IES Centro da Vila_36999888).
- Dita carpeta cargarase na tarefa específica de cada curso presente na web do programa, accedendo a ela como usuario autenticado, para o que deberá estar matriculado na plataforma (de non ser así, solicite por correo-e a alta na mesma).

