O programa RCP na aula busca crear unha comunidade cardioprotexida, na que a maior parte da poboación saiba identificar casos de parada cardiorrespiratoria, avisar ao servizo de emerxencias, e facer a reanimación cardiopulmonar.
Para iso, procura chegar á poboación escolar a través dun proceso de formación en cascada no que persoal técnico sanitario forma a docentes, para que logo á súa vez formen en Soporte Vital Básico ao alumnado (e incluso a outros adultos). Este proceso, e as atribucións que conleva, resúmense no seguinte gráfico:
