FAQ: RCP na aula

Que é o programa RCP na aula?

O programa RCP na aula, froito da colaboración coa FPUSG061, ten como obxectivo habilitar ao profesorado dos centros dependentes da Consellería como proveedor de primeiros auxilios, SVB, e SVB-DESA, para que logo formen ao alumnado dos seus centros en SVB (nos contidos estándar indicados polas organizacións especializadas no tema, e noutros relacionados que sexan de especial relevancia na nosa Comunidade Autónoma).

Entón, que pretende o programa?

A meta final do programa e contribuír á existencia dunha comunidade cardioprotexida, na que se reduza o tempo de resposta ante casos de PCR. Para iso procura desde o sistema educativo galego e desde os centros educativos:

  • Formar a docentes como Proveedores DESA.
  • Ensinar ao alumnado a identificar unha PCR e a chamar ós servizos de emerxencia sanitaria.
  • Lograr que todo o alumnado de secundaria saiba facer unha RCP de calidade.

Que fases inclúe o programa?

O programa consta de dúas fases:

  1. Fase de formación/habilitación docente. Nela os/as docentes interesados/as sodes formados por persoal especializado do 061 en aspectos relacionados coa atención a emerxencias sanitarias (factores de risco, SVB, RCP, DESA, PAS...), realizando unha pequena proba ó respecto.
  2. Fase de formación práctica co alumnado. Nela os/as docentes xa acreditados/as como proveedores DESA polo 061 desenvolvedes, nos vosos centros e con carácter lectivo (actividade incluída nas programacións didácticas), accións educativas co alumnado sobre SVB e RCP. Para facilitar o desenvolvemento desta fase, existe a posibildade de solicitar en préstamo kits de resucitación (bonecos para RCP e simulador DESA), ao CFR/CAFI de referencia.

O alumnado participante que papel xoga?

O alumnado é o principal protagonista, e o xeito de chegar á poboación xeral a medio e longo prazo. Participarán das actividades académicas sobre RCP que os/as docentes organicedes, como parte da vosa programación didáctica e coa avaliación que determinedes, e poderán solicitar un diploma acreditativo por parte da Fundación 061 da formación recibida a través da participación no programa. O alumnado formado e presente na base de datos do 061 podería ser mobilizado nun futuro para a atención ás emerxencias que puideran xurdir.

 Podo participar no programa sen facer o curso de formación?

Si, sempre e cando se cumplan estas condicións:

  • Teñas a habilitación para impartir formación en SVB e RCP: obtida nos cursos de RCP na aula en anos anteriores, obtida en cursos específicos desenvolvidos noutros ámbitos e instituticións, ou por tela asimilada por ter unha titulación técnica ou sanitaria de nivel superior (mediciña, enfermería, salvamento, transporte sanitario...).
  • Dita habilitación estea en vigor (non caducada) no momento de formar ao alumnado, xa que en función de cal e como se obtivo pode ser que precise reciclaxe.
  • Te comprometas a enviar a documentación xustificativa ao remate da actividade co alumnado.

Podo facer a fase de formación sen levar a cabo a práctica?

Non. Tendo en conta o obxecto do acordo e a meta final do programa, o lóxico é que a formación se realice co compromiso de efectuar a formación e entrenamento do alumnado. Lembremos que ningunha formación docente ten sentido se non supón impacto e mellora na aula, e indirectamente na comunidade educativa e na sociedade.

Por que hai que facer unha unidade didáctica como complemento á fase de formación?

 Porque o persoal sanitario do 061 pode acreditar que tedes o nivel técnico preciso para ensinar a facer RCP, pero como docentes tamén temos que coidar a parte pedagóxica. Por iso, a administración educativa debe velar tamén porque o programa se leve á práctica conforme ó currículo, ás directrices metodoloxícas... Esta parte de deseño didáctico se compensa coas horas a maiores que inclúe o certificado de formación do profesorado.

Podo participar do préstamo sen facer o resto de fases do programa?

Os kits de resucitación en préstamo están destinados a desenvolver o programa RCP na aula nos centros educativos, polo que como norma xeral non se prestan salvo que sexa para este fin. Os CFR e o CAFI, como xestores do recurso, poden bloquear os préstamos por necesidades ou condicionantes internos, pero nin os/as docentes alleos ao programa nin os centros poden solicitalos.

Pode participar calquera?

O programa está deseñado prioritariamente para especialistas en educación física de secundaria, e  de educación física que impartan en 5º ou 6º de primaria. Excepcionalmente poderán participar docentes doutras especialidades, cando xustifiquen a integración curricular das prácticas de RCP na súa acción educativa ou titorial, e no resto de termos e condicións comentados.

Non poden participar no programa en ningún caso nin docentes nin alumnado doutras etapas e/ou niveis inferiores aos mencionados (mentres non haxa unha actualización nas recomendacións internacionais sobre RCP, considerarase que os 40kg ou 10-12 anos de idade é o mínimo para realizar unha masaxe cardiaca de calidade).

Que é un kit de resucitación?

É o recurso básico para facer prácticas de RCP que se pon á vosa disposición en préstamo a través dos CFR/CAFI, e que está composto por:

  • Torsos de RCP (bonecos para facer as prácticas).
  • Simulador DESA.

Como consigo que me presten un kit de resucitación?

A través do teu CFR de referencia ou CAFI, en función do ámbito xeográfico de traballo. Só tes que mirar as instruccións que atoparas aquí, comprobar no calendario correspondente que haxa dispoñibilidade nas datas que desexas, e enviar un correo-e á asesoría de referencia indicando:

  • Datas para as que solicitas o préstamo.
  • Denominación e código do centro educativo.
  • Nome e apelidos do/a docente responsable.

O préstamo non estará reservado ata que non recibas unha comunicación de confirmación ao respecto.

Obterei algún certificado? E o meu alumnado?

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional poderá emitir ata dous certificados, que se corresponden con dada unha das fases:

  1. Certificado de formación (8 horas de formación permanente do profesorado), para quen supere o curso RCP na aula: tanto a parte técnica impartida pola Fundación 061 (6h), como a entrega da unidade didáctica ao respecto (2h).
  2. Certificado de innovación educativa (cunha equivalencia de 12 horas a efectos de formación permanente do profesorado), a quen realice a práctica en RCP co alumnado e entregue a documentación correspondente en tempo e forma.

A Fundación 061 pola súa banda, emitirá:

  • Un diploma en DESA a aquel/a docente que supere a proba final da formación impartida polo seu persoal.
  • Un diploma en SVB para cada un/unha dos/as alumnos/as que participe na fase práctica e que faga a solicitude do mesmo mediante o formulario.

Caducan ditos certificados?

Os internos da Consellería, non: unha vez que se obteñen pasan automáticamente ao expediente persoal do/a docente, como pode comprobar a través de aplicacións corporativas como FProfe ou datospersoais.

Os de tipo santiario proporcionados polo 061, si: porque así está indicado na normativa, porque pode haber cambios nos protocolos... En caso de dúbida sobre si o teu título está en vigor, fainos chegar os teus datos e realizaremos a consulta.

Cando caducan entón os títulos de Proveedor DESA?

Depende de cando se obtivera, e de si está actualizado:

  • Os certificados obtidos no periodo de vixencia do Decreto 99/2005 tiñan unha validez de 1 ano, tras o cal se debería realizar unha actualización anual de coñecementos realizada baixo supervisión.
  • Os títulos obitdos desde a publicación do actual Decreto 38/2017 non caducan ata os 2 anos, tras o cal habería que proceder tamén á actualización de coñecementos.

Nótese que a FPUSG061 ten que ter constancia das prácticas realizadas, e da súa periodicidade e calidade, para valorar se se considera o título actualizado ou non.

Como solicito os diplomas para o meu alumnado?

Para solicitar que a Fundación 061 poida ter constancia do profesorado e alumnado que participou, dos seus datos, e das autorizacións se procede, o/a docente deberá cargar unha carpeta comprimida na tarefa destinada ao efecto na aula virtual que serve de web do programa, accedendo neste caso identificado como usuario. A carpeta conterá, debidamente cubertas:

  • Folla de cálculo onde consten os datos da actividade realizada, do/a docente encargado/a, e do alumnado participante (un arquivo por centro, con carácter obrigatorio).
  • Solicitude de certificado cuberta e escaneada daquel alumnado que figure na folla de cálculo anterior, e que teña DNI (unha folla por alumno/a, con carácter voluntario).

Unha vez revisada dita documentación, se lle trasladará desde a Consellería á Fundación 061, que procederá a realizar os diplomas e remitilos por correo postal ou paquetería, ou incluso vía dixital, ao centro correspondente.

Accedo á web do programa, pero no me deixa enviar a documentación. Que pasa?

Que o acceso como convidado só permite entrar na web/aula virtual a título informativo (para ver os contidos), pero para poder entregar a documentación de solicitude de diplomas, ou para interaccionar no foro, é preciso loguearse como usuario identificado.

Se aínda non tes conta creada nesa aula virtual, solicita a alta escribindo a rcpnaaula@edu.xunta.gal. Logo de matriculado, recibirás un correo con instrucións e a clave de acceso, e xa poderás entregar os arquivos.

Podo formar a compañeiros/as para que impartan o programa ao alumnado?

Non. Superar o curso do 061 dache o título de Proveedor DESA, que che permite formar no SVB, amosar o DESA e explicar como funciona, pero non podes nin acreditar ao alumnado no emprego do DESA, nin formar a outras persoas como Proveedores DESA (para iso é preciso ter unha habilitación superior: o título de Instructor DESA). Se outros/as docentes do claustro queren participar "en calidade de alumnos/as", poden, pero só obterían o diploma de SVB (como os/as rapaces/as).

Onde podo obter máis información sobre o programa RCP na aula?

A través dos seguintes medios:

Interésame o tema: existen outros programas ou actividades de formación nesta liña?

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ofrece outros recursos sobre este tema a través de:

Que significan esas siglas que usades con frecuencia no programa?

CEUFP: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

FPUSG061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061.

CFR: Centro de Formación e Recursos.

CAFI: Centro Autonómico de Formación e Innovación.

PCR: Parada cardiorespiratoria.

RCP: Reanimación cardiopulmonar.

SVB: Soporte vital básico.

DESA: Desfibrilador externo semiautomático.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0