Fase final

Fase final

por Raquel Torre Amado -
Número de respostas: 0

Bo día.

Desde o Montojo necesitamos saber xa a data oficial para a final do debate. Chamamos onte en varias ocasións e non houbo resposta.

Como dixemos na reunión, no noso instituto cadra con exames e tamén cunha saída. Están falando entre os departamentos responsables de dita saída para modificar a data e que así as nosas rapazas poidan ir, mais non ten moito sentido que a movan se ao final non sabemos con seguridade se a data do debate é o 29.

Finalmente, necesitamos saber canto antes os temas da final. Dadas as características do noso alumnado, e dadas tamén as circunstancias propias de final de curso, as nosas rapazas necesitan organizarse para preparar eses temas e máis coa presión de saber que poden ser gravadas.

De feito, e por se serve de algo a nosa opinión, consideramos que, dadas as circunstancias e que está sendo todo moi ás présas, debera ser proposto un único tema.

Un saúdo.