Prezadas e prezados docentes,
Este xoves, 12 de marzo, teremos unha sesión formativa con Juan Santamaría na que poderedes resolver aquelas dúbidas que teñades sobre o desenvolvemento dos debates.
A sesión desenvolverase en horario de 17 h a 18 h a través do espazo de reunión para a I Liga de debate, dispoñible na aula virtual ou nesta ligazón.
Un saúdo e boa semana,