Entrega de documentación 2018
Requisitos do completado
Espazo para o envío das solicitudes de diplomas en SVB para os participantes no programa RCP na aula. Antes de proceder á entrega compróbese ben que inclúe:
- A folla de cálculo cos datos sobre a impartición da formación e co listado de participantes (obrigatoria; unha por docente/centro; en formato dixital e por tanto sen asinar).
- As solicitudes de diploma en SVB (opcionais; unha por alumno/a; cubertas a man e asinadas, e logo escaneadas).
Ambas cousas deberán comprimirse nun arquivo .zip e achegarse mediante a caixa que figura abaixo, nomeando a carpeta co código do centro.
Unha vez comprobado que a documentación estea correcta, será trasladada ao 061 para que emita os diplomas e os envíe ao centro educativo.