Section outline

    • Benvidas e benvidos ás xornadas na Rede Apaixónate 2020.

      O foro de formación do profesorado ábrese a todos os docentes a través das redes nesta IV Edición de Apaixónate, un evento que a través de pequenos relatorios de grandes profesionais, quere transmitir “como a paixón polo que un fai pode cambiar as nosas vidas e as de aqueles  que nos rodean”.

      Descargade o programa adxunto e non vos perdades esta oportunidade de escoitar como foi crecendo a vocación e a paixón  das e dos profesionais que participan como relatores este ano.

      Ademais nesta edición especial contaremos coa participación de moitas e moitos relatores das tres edicións anteriores que nos adicarán un saúdo especial nestes momentos.

      Durante as xornadas nas que se desenvolverá o curso incorporaremos novos contidos diariamente a este espazo. Poderedes acceder a cada un deles premendo no día correspondente.

      Esperamos que os videos  propostos sexan do voso agrado  e que vos aporten unha nova visión e novas inquedanzas nas vosas profesións. Desexamos que compartades con nós a vosa paixón en todo o que facedes a cotío, tanto no eido profesional como no persoal.

      Un saúdo.

    • baner día 18