
Benvidas e benvidos ás xornadas na Rede Apaixónate 2020.
O foro de formación do profesorado ábrese a todos os docentes a través das redes nesta IV Edición de Apaixónate, un evento que a través de pequenos relatorios de grandes profesionais, quere transmitir “como a paixón polo que un fai pode cambiar as nosas vidas e as de aqueles que nos rodean”.
Descargade o programa adxunto e non vos perdades esta oportunidade de escoitar como foi crecendo a vocación e a paixón das e dos profesionais que participan como relatores este ano.
Ademais nesta edición especial contaremos coa participación de moitas e moitos relatores das tres edicións anteriores que nos adicarán un saúdo especial nestes momentos.
Durante as xornadas nas que se desenvolverá o curso incorporaremos novos contidos diariamente a este espazo. Poderedes acceder a cada un deles premendo no día correspondente.
Esperamos que os videos propostos sexan do voso agrado e que vos aporten unha nova visión e novas inquedanzas nas vosas profesións. Desexamos que compartades con nós a vosa paixón en todo o que facedes a cotío, tanto no eido profesional como no persoal.
Un saúdo.