Sección 6. As preguntas de Balmis
Section outline
-
A visión práctica da solución ás preguntas de Balmis foi achegada pola enfermeira Isabel Zendal: conseguir que os nenos levasen o gran vacunífero durante días, evitando o contaxio entre eles, permitiu que a expedición concluíse con éxito.
Para levar a cabo esta actividade introduciremos ao alumnado na situación na que se atopan o rei Carlos IV e o ministro Godoy grazas ao vídeo interactivo Artellando a expedición que fai pausas automáticas e engade cuestionarios interactivos con respostas automáticas ou na súa versión normal.
O alumnado responderá, nun primeiro momento, a preguntas sinxelas cuxa resposta está no vídeo; posteriormente as preguntas terán que ser respondidas e razoadas atendendo aos coñecementos adquiridos.
Para que o alumnado aprenda a tomar decisións fundadas, mostraremos a actividade desta sección.