Sección 3. Calendario de vacinación
Section outline
-
Os nenos orfos galegos que participaron na expedición saíron de hospicios da Coruña e Santiago onde o normal por aqueles tempos era que só o 50 % dos nenos abandoados fixese os dous anos e tan só o 30% chegaba aos dez.
Estes nenos adoitaban deixalos con cintas, notas ou marcas de calquera tipo para reclamar o fillo abandoado posteriormente, pero moi poucos volvían cos seus pais. Imaxinade o coidado posto por Isabel Zendal e a misión que dos 22 nenos protagonistas da nosa historia, só morrería un durante a expedición.
O calendario de vacinación infantil axudaranos a observar a ausencia da varíola entre as doenzas de obrigatoria vacinación.
Nesta ligazón poderemos observar os Calendario de vacinación actualizados pola Consellería de Sanidade en Galicia.Por outra banda, propoñémoslle unha investigación sinxela ao noso alumnado coa axuda das seguintes tres ligazóns: 1) OMS - 2) Medline PLus - 3) Kids Health
- Preguntarlles aos adultos (pais e avós) quen deles está vacinado da varíola e valorar na aula a porcentaxe de individuos adultos vacinados. A vacina da varíola adoita deixar unha marca facilmente identificable na parte superior do brazo.
- O alumnado postulará varias hipóteses como: só os adultos poden vacinarse, xa non existe a varíola, non é obrigatorio vacinarse da varíola.
- Os resultados que forman parte da evidencia serán os obtidos no punto 1
- As conclusións responderán ás hipóteses formuladas: non é obrigatorio vacinarse da varíola, xa non existe varíola ou só algúns adultos puideron vacinarse da varíola.
- Xustificaremos a evidencia. Daremos unha explicación de por que actualmente a xente xa non se vacina da varíola.