Sección 2. Que é unha vacina?
Section outline
-
A vacinación da varíola en Galicia é introducida polo médico betanceiro Antonio Posse Roybanes quen, en 1801 (tan só uns anos despois do descubrimento da vacina), a ensaiou co seu propio neto. Posteriormente expúxoo á enfermidade e, ao comprobar que non a desenvolvía, decidiu crear a sala de vacinación no Hospital da Caridade.
Consideramos que non se pode presentar unha aventura como esta, na que converteremos os nosos alumnos en “cazadores de virus”, sen que estes adquiran un nivel de coñecementos mínimo sobre as vacinas. Na seguinte ligazón Vídeo en Edpuzzle sobre as vacinas propoñemos un vídeo de YouTube ao que lle inserimos preguntas grazas á aplicación gratuíta Edpuzzle.