Sección 9. Escape room
Section outline
-
Josef Salvany é médico e segundo responsable da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Foi encargado de levar a vacina por toda América do Sur, á vez que Isabel Zendal e Balmis a trasladaron a América Central e Asia. A súa figura quedou eclipsada pola de Balmis e a importancia da Expedición. Por iso, nós quixemos homenaxear a un personaxe, chamado o heroe silencioso, que a historia relegou a un segundo plano, aínda que os feitos demostren o seu sacrificio como médico e como ser humano.
O camarote de Salvany é unha escape room ambientada no camarote de Salvany. Por suposto, os textos que se propoñen a continuación e a ambientación da trama non se axustan á realidade. Só os personaxes tiveron relación coa expedición e todos eles estiveron en contacto co doutor Josef Salvany.
A nosa escape room foi “modernizada” polo AS (Amigos de Salvany). Desta forma, axudámonos da tecnoloxía para facer accesibles todas as pistas e enigmas en calquera parte do mundo. Cun mínimo de decorado (mesa, cadeira, colgadoiro, libros ou cadro), pódese crear a escape room de “O camarote de Salvany” en calquera escola de secundaria.Na guía didáctica explícase o desenvolvemento da actividade.
Podedevos axudar das seguintes ligazóns:
- Mapa A Coruña 1819 (chave: 40)
- Enigma don Pedro del Barco (chave: 25)
- Asociación Isabel Zenda