Sección 8. Laboratorio virtual
Section outline
-
A hipótese da inmunización da varíola humana con varíola vacúa quedou demostrada co neno de 8 anos James Phipps. Tras ser aplicado o tratamento con pus de Sarah Nelmes, leiteira, expúxose ao mozo á infección e non desenvolveu en ningún momento a enfermidade.
A aplicación do método científico permitiu a Jenner demostrar a súa hipótese e rebater os seus detractores, entre os que se atopaban outros médicos e científicos, que vían os seus métodos demasiado revolucionarios para a época.
Un dos bloques de contidos presente en todas as materias de ciencias da ESO é a elaboración dunha investigación científica relacionada co temario. Para iso ofrecemos un Laboratorio virtual de enfermidades.
Neste simulador introducimos variables sobre a doenza, como índice de mortalidade e índice de contaxio, ou sobre a poboación, como número de individuos, densidade ou porcentaxe de vacinados. Deste xeito o alumnado pode obter datos do que acontecería nunha poboación en caso de sufrir unha doenza semellante á varíola. Para favorecer o emprego, de xeito autónomo, por parte dos alumnos dos items básicos para elaborar un informe científico, utilizaremos a Plataforma NextLab.
Deseñamos unha guía de investigación e uso do laboratorio virtual, na plataforma NextLab. Trátase dunha guía aberta e en liña para que o alumnado poida completar o seu labor investigador facilment. Ligazón: Guía de aprendizaxe indagativa