Convocatoria Polos eclipsados
Requisitos do completado
Resolución do 08 de maio de 2026 da Secretaría Xeral Técnica pola que se regula a convocatoria de acreditación de guías escolares e de retos STEM vinculados á eclipse solar total de agosto de 2026 (Polos Eclipsados) nos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que conten cun Polo creativo, en dúas modalidades de participación:
- Guía escolar da eclipse 2026
- Retos STEM
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 09 de maio de 2026 ata o día 29 de maio de 2026. Toda a información sobre as actividades, a recollida de evidencias e a posta a disposición das mesmas, así como os formularios de inscrición e información complementaria está dispoñible nesta aula virtual.
Prema en Convocatoria Polos eclipsados para abrir o recurso.