Inscribirse no programa Polos eclipsados (Retos STEM)
2. Retos STEM:
Poderán participar nesta modalidade os centros docentes sostidos con fondos públicos que conten cun Polo creativo ou cun Polo creativo Plus.
- Cada centro participante fará constar o profesorado responsable da actividade así como o alumnado participante.
- Cada centro docente poderá presentar a tantos equipos como considere pero, no caso de resultar recoñecido, este recoñecemento será único para todo o centro.
As actividades presentadas polos centros docentes resolverán diferentes retos de comunicación e divulgación científica sobre a astronomía, a astrofísica e exploración espacial; así como de didáctica das ciencias do espazo.
As propostas poderán adoptar o formato ou formatos que o equipo responsable do seu desenvolvemento considere máis axeitado. Así, poderán presentarse maquetas en toda variedade de soportes, modelos, simulacións, pezas de audio e vídeo, xogos, presentacións, etc. As actividades poderán vincularse con aspectos artísticos, resaltando os valores culturais, estéticos e poéticos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas tanto na súa concepción central como a nivel accesorio.
En calquera caso, o rigor científico será un elemento irrenunciable en todas as actividades presentadas.
As mellores actividades relacionadas coa eclipse terán premio e serán recoñecidas cunha dotación extra para completar o Polo creativo do centro.
Serán concedidos 20 premios en diferentes categorias.
As actividades propostas terán que cumprir unha serie de requisitos:
1.Serán actividades orixinais (non poden ser copia nin adaptación doutras xa creadas ou existentes) e deseñaranse, polo centro educativo, dentro do Polo creativo co material e dotación do mesmo.
2.Estarán adaptadas as idades do equipo participante.
3.Estarán publicadas para o seu completo desenvolvemento por outros equipos no espazo Polos creativos da web do centro.
4.Nesa publicación aparecerán imaxes, vídeos, arquivos e indicacións de montaxe.
5.As 20 actividades finalistas serán incorporadas aos recursos desta páxina incluindo a autoría do centro (Licenza CC BY SA NC).
6.A temática estará directamente relacionada coas eclipses, astrofísica, exploración espacial e ciencias o espacio.
O alumnado e a persoa docente tamén serán recoñecidos con respectivos galardóns.
Nun evento final de curso onde os equipos amosarán as súas actividades nun formato feira educativa dentro do paraugas Polos creativos serán entregados todos os premios, galardóns e agasallos.
FORMULARIO ABERTO ATA O 29 DE MAIO ÁS 23_55 HORAS
https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/s/kaoGbTcdeMrongaApRT4f8La
De atopar calquer problema pode poñerse en contacto con polos.creativos@edu.xunta.gal e tentaremos axudarlle axiña.