1. Guía escolar da eclipse 2026:

Poderá participar nesta modalidade o alumnado de terceiro ciclo de educación primaria e o alumnado de educación secundaria obrigatoria. Os equipos estarán formados por grupos-clase completos ou, no seu caso, por grupos correspondentes a
actividades complementarias realizadas no centro; que serán inscritos por unha persoa responsable. Precisarase unha docente responsable por cada grupo, podendo, en función daorganización do centro, recaer esta responsabilidade na mesma persoa para máis dun equipo.

Neste espazo virtual atoparás propostas prácticas que empregan a dotación e o material do programa Polos creativos para preparar a observación da eclipse total de Sol do vindeiro mes de agosto de 2026.

Completando estas propostas engadiremos achegas relacionadas cos corpos celestes, a Astronomía e información de interese.

Para participar neste programa as persoas responsables da aula deben completar unha serie de etapas co seu alumnado. Cada un deles (ben formado) será unha Guía da eclipse para a súa familia e comunidade recibindo unha acreditación oficial en forma de carné.

O alumnado que pode participar no programa corresponde a 5-6º de Educación Primaria ou superior.

O/a docente recollerá os datos do alumnado (apelidos, nome e data de nacemento) para facilitalos nun formulario seguro.

Requisito indispensable: Realizar a Actividade 0, obtendo unha avaliación positiva no cuestionario.

Misión 1: Desenvolver a Actividade 1 no Polo creativo (recollendo evidencias gráficas).

Misión 2: Desenvolver algunha outra actividade proposta neste espazo virtual ou actividade propia que logo poda ser compartida, empregando a dotación e os recursos de Polos creativos.

Pasos para obter o certicado oficial de guía da eclipse.

O/a docente certificará, cun modelo oficial (aparecerá neste espazo próximamente), que todo o alumnado realizou as actividades e está preparado para ser Guía da eclipse. As devanditas actividades deben ser respaldadas por:

-Recollida de evidencias gráficas en formato fotográfico e vídeo.

-As evidencias cómpre compartilas dende a páxina web do centro nun espazo específico adicado ao programa Polos creativos.

O certificado entregarase asinado e selado polo centro educativo.

Neste espazo atopades unha ligazón a un formulario web seguro en Boxabalar para deixar os datos do alumnado participante e que queira ser Guía oficial da eclipse 2026 e outro para enviar a certificación. O modelo está en descarga debaixo deste apartado.

FORMULARIOS ABERTOS ATA O 29 DE MAIO ÁS 23_55 HORAS

Ligazón para inscribirse (sen datos de alumnado)

Ligazón para o envío da certificación

(No caso de atopar algún problema no formulario pode facer a súa inscrición no correo polos.creativos@edu.xunta.gal)

IMPORTANTE: De ter dificultades técnicas na impresión da maqueta "A eclipse na túa man", por favor siga os seguintes pasos:

  1.  Documente gráficamente (imaxes) os atrancos coa máquina.
  2.  Engada unha explicación textual das dificultades e as imaxes nun documento anexo á documentación de certificación do alumnado.
  3. Unha vez debidamente documentado pode escoller outra actividade.

Last modified: Monday, 25 May 2026, 1:32 PM