Primeiros pasos
Neste espazo virtual atoparás propostas prácticas que empregan a dotación e o material do programa Polos creativos para preparar a observación da eclipse total de Sol do vindeiro mes de agosto de 2026.
Completando estas propostas engadiremos achegas relacionadas cos corpos celestes, a Astronomía e información de interese.
Para participar neste programa as persoas responsables da aula deben completar unha serie de etapas co seu alumnado. Cada un deles (ben formado) será unha Guía da eclipse para a súa familia e comunidade recibindo unha acreditación oficial en forma de carné.
O alumnado que pode participar no programa corresponde a 5-6º de Educación Primaria ou superior.
O docente recollerá os datos do alumnado (Apelidos, nome e data de nacemento) para facilitalos nun formulario seguro.
Requisito indispensable: Realizar a actividade 0 obtendo unha avaliación positiva no cuestionario.
Misión 1: Desenvolver a actividade 1 no Polo creativo (recollendo evidencias gráficas).
Misión 2: Desenvolver algunha outra actividade proposta neste espazo ou actividade propia que logo poda ser compartida empregando a doación e o material de Polos creativos.

O docente certificará cun modelo oficial (aparecerá neste espazo próximamente) que todo o alumnado realizou as actividades e está preparado para ser Guia da eclipse. Ditas actividades deben ser respaldadas por:
-Recollida de evidencias gráficas en formato fotográfico e vídeo.
-As evidencias cómpre compartilas dende a páxina web do centro nun espazo específico adicado ao programa Polos creativos.
O certificado entregarase asinado e selado polo centro educativo.