• Instrumentos de observación indirecta

    • Instrumentos de observación indirecta Polos creativos.
    • A continuación, atoparás dous arquivos descargables en formato ZIP, que conteñen os g-code para cada elemento de observación indirecta deseñado.

      Están pensados para utilizar como estenopos, tal e como se especifica na Actividade 0. Lembra que un estenopo é un pequeno furado que se utiliza para a observación indirecta da eclipse, permitindo o paso da luz solar e proxectando a imaxe do disco solar nunha superficie plana ou no interior dunha caixa escura.

      En función da impresora 3D de Polos creativos da que dispoñas no teu centro, utiliza o arquivo que corresponda. 

      Colección de instrumentos de observación indirecta

      Os elementos a imprimir son prototipos deseñados polo Equipo Polos creativos para a observación indirecta da eclipse:

      • Marcapáxinas
      • Moeda (en formato móbil e fixa)
      • Tarxeta (en formato móbil e fixa)