Crea os códigos HTML para engadir unha apartado de atribución e descrición de elementos multimedia en eXeLearning a partir dun REA.
O primeiro paso é exportar o REA como sitio web e cartafol independente.
Co botón "Abrir arquivos HTML" seleccione todos os ficheiros HTML do REA que foron creados na exportación.
Evite engadir o arquivo HTML de créditos que xa estivera creado.
Seleccione se desexa manter a información de atribución ou aplicar unha licenza común para todos os elementos que non teñan datos de atribución.
Os botóns de exportar e importar CSV permiten traballar con arquivos editables cun aplicativo de folla de cálculo.
Co botón "Configurar" pode modificar a plantilla de código.
Como paso final pode gardar os códigos ou copialos e pegalos no editor de eXeLearning (como código fonte)
Cambios v1.7
Cambios v1.3:
Cambios v1.0: O arquivo CSV incorpora o campo "Visible" para determinar se o recurso aparecerá ou non nos créditos. Un valor de 0 fai que o recurso non se engada á páxina de créditos