O acceso á aplicación EduCalidade realízase a través da ligazón:

https:// www.edu.xunta.gal/educalidade

Captura da plataforma EduCalidade que amosa a páxina de inicio.


Empregamos o noso usuario e contrasinal da conta corporativa para acceder ao aplicativo. Unha vez dentro prememos no lateral esquerdo no despregable "Planspara acceder á "Listaxe de Plans". 

Listaxe de Plans


Para cada un dos plans dispoñibles teremos varias opcións en función do estado do plan en cuestión.

visualización edición
Visualización Edición Copiar Xerar informe


Visualización e Edición permítenos acceder á interfaz onde realizamos a introdución ou edición do Plan Dixital.  Dependendo da opción escollida tamén poderemos visualizar ou completar o seguimento do mesmo.  Consta dunha serie de lapelas das que afondaremos despois.

Captura da plataforma EduCalidade na que se amosa a páxina de inicio para rexistrar os plans de centro.

Copiar permitiranos copiar ou clonar un plan dunha das convocatorias anteriores, informará dos datos que duplicará.

Clonado de plans

Xerar informe emitirá un resumo en formato pdf do plan, será enviado ao buzón de informes.


Última modificación: venres, 13 de setembro de 2024, 1:18 PM