Calendario
Exposición ADEGA - 50 anos coidando a terra
venres, 28 de novembro, 12:30 PM » venres, 5 de decembro, 2:10 PM
Evento de sitio
A mostra itinerante, baixo o nome “50 anos coidando a terra”,
repasa a traxectoria de ADEGA na defensa do medio ambiente galego ao
longo de cinco décadas. Logo de pasar por diferentes concellos do país,
como Carballo, Muros, Arzúa, Valdoviño ou Santiago de Compostela, a
exposición continúa agora o seu percorrido por distintos centros da cidade do Lérez, para
ofrecer ao alumnado a oportunidade de coñecer os principais fitos,
campañas e mobilizacións que marcaron e marcan a historia do ecoloxismo
galego.
Vestíbulos do instituto.