Section outline

  • As probas libres dan acceso á obtención do título de técnico ou técnico superior de ciclos formativos de formación profesional mediante a realización de probas teóricas e prácticas por cada módulo no mes de xuño.

  • CUMPRIR ALGUNHA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO A CICLOS e ademais:

    • Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.
    • Ter vinte anos (20), para os títulos de técnico superior, ou dezanove (19) anos no caso de posuír xa o título de técnico.
    • Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

    Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba ata un máximo de tres módulos.

     Adicionalmente, e tamén de xeito excepcional, no caso de quedaren aínda vacantes, poderán acceder á realización das probas:

    a) As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais de ciclos que se estean a cursar polo devandito réxime, sempre que sexan módulos nos cales non estean matriculadas no curso académico de realización da proba, e que non sexan os módulos profesionais de Formación en centros de traballo nin de Proxecto.

     Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.


  • Oferta  oficial  ou consultar o tríptico do departamento

    • Presentación de solicitudes do 11 de abril ás 9:00  ao 30 de abril de 2025 ata as 13:00 h 
    • Listaxe provisional de solicitudes 6 de maio
    • Reclamación contra a listaxe provisional 6 de maio ás 9:00 h ata o 8 de maio ás 13.00 h
    • Listaxe definitiva de solicitudes 14 de maio
    • Listaxe de persoas adxudicadas 14 de maio
    • Matriculación 14 de maio ás 9:00 h ata o 21 de maio ás 13.00 h
    • Liberados e adxudicación continuada 23 de maio ás 9:00 h ata o 30 de maio ás 13.00 h

    Importante: As persoas teñen primeiro que realizar unha solicitude de praza, e se son admitidas, matricularse.

    As probas realizaranse previsiblemente na segunda quincena do mes de xuño.


  • As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción. A solicitude poderá realizarse:

    Presencialmente empregando o anexo I e presentarse na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

    Mediante o asistente informático vía web.

    Recoméndase empregar o asistente web para cubrir e presentar a solicitude de admisión (www.edu.xunta.gal/ciclosadmision) xa que vai guiar e axudar a cubrir adecuadamente todos os campos da solicitude. Neste caso consulte o documento Instrucións sobre como realizar a solicitude web na páxina www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11137

    Se vostede vai a cubrir a solicitude en papel debe ter en conta:

    • – Cubra todos os datos requiridos (se dispón de máis dun número de teléfono, indíqueos).
    • – Poña especial coidado na formalización dos impresos; calquera erro pode prexudicalo no proceso de admisión a probas libres.
    • – Cubra os impresos de xeito claro, mecanografados ou con letra de imprenta.

    As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais presentarán unha única instancia, que entregarán no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar.

    Farase constar, por orde de preferencia, os ciclos formativos, os centros onde se impartan, e a súa oferta vinculada ata un máximo de seis opcións.


  • En caso de existir máis solicitudes que prazas ofrecidas para cada ciclo formativo, o baremo que se aplicará para seleccionar as persoas solicitantes que, cumprindo os requisitos establecidos aspiren a unha praza, será o seguinte:

    • Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo dun ano nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo: 3 puntos por cada ano, ata un máximo de 15.
    • Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo dun ano nun sector produtivo non relacionado co ciclo formativo: 1,2 puntos por cada ano, ata un máximo de 6 puntos
    • Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2,25 puntos por cada módulo.

  • Rematado o proceso de matrícula, o equipo directivo do centro encargarase de organizar e coordinar unha XORNADA DE ACOLLEMENTO para as persoas matriculadas, xunto co orientador co fin de transmitir a información precisa, dar as instrucións que consideren convenientes e aclarar as dúbidas xurdidas para o mellor desenvolvemento das probas.

    Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento.


  • Crearase unha comisión de avaliación por cada equipo docente dos ciclos formativos autorizados, que terá as seguintes funcións:

    a) Elaboración da programación e deseño das probas para cada un dos módulos profesionais do ciclo formativo, agás o módulo de Formación en Centros de Traballo e o módulo de Proxecto dos ciclos formativos de grao superior.

    b) Organización e desenvolvemento das probas.

    c) Avaliación e cualificación das probas.

    d) Elaboración das actas da avaliación.

    e) Proposta de resolución das reclamacións presentadas.

    f) Outras que a dirección do centro lle encomende, dentro do seu ámbito de competencias.


  • As probas realizaranse previsiblemente na segunda quincena do mes de xuño.
    As persoas aspirantes serán convocadas para a xornada de acollemento

    ESTRUTURA DA PROBA

    • Primeira parte. Terá carácter eliminatorio e consistirá nunha proba escrita que versará sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación
    • Segunda parte. As persoas aspirantes que superaran a primeira parte da proba realizarán a segunda, que tamén terá carácter eliminatorio e consistirá no desenvolvemento de un ou varios supostos prácticos que versarán sobre unha mostra suficientemente significativa dos criterios de avaliación establecidos na programación para esta parte para esta parte.

  • A avaliación da proba libre realizarase nos termos previstos no artigo 37 da Orde do 12 de xullo de 2011 e a expresión da cualificación final obtida por cada aspirante en cada un dos módulos profesionais será numérica, entre un e dez, sen decimais.

    Para a súa superación as persoas candidatas deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. As persoas que non superen a primeira parte da proba serán cualificadas cun cero na segunda parte.

    A cualificación final correspondente da proba de cada módulo profesional será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das partes, expresada con números enteiros, redondeada á unidade máis próxima. No caso das persoas aspirantes que suspendan a segunda parte da proba, a puntuación máxima que poderá asignarse será de catro puntos.